Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2020. A Consellería de Economía, Emprego e Industria informa de que, tal e como se acordou polo Centro de Coordinación Operativa (Cecop) de Galicia, a rede de oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia pecha desde hoxe as súas portas ao público para ofrecer aos cidadáns atención tanto telefónica como telemática para a realización dos trámites urxentes, debido ás medidas adoptadas pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.
Así, en coordinación co Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), adóptanse as seguintes medidas:
-Non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril.
-Se é necesaria a realización de trámites urxentes na demanda, poderán facerse a través da oficina virtual ou vía telefónica, chamando á correspondente oficina de emprego u ao 012.
– Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral.
-No que se refire ás oficinas de prestacións do SEPE, poden consultarse as medidas adoptadas en: https://www.sepe.es, entre as que destacan que non se terán en conta os prazos actualmente establecidos para solicitar a prestación ou subsidio. É dicir, o dereito á prestación ou subsidio queda plenamente asegurado sen ter que cumprir o prazo habitual para solicitalos. Ademais, habilitaranse canles para a recuperación da demanda daquelas persoas inscritas con anterioridade ou para facilitar, no seu caso, a inscrición inicial. E non se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.
Este acordo do Cecop conleva unicamente o peche ao público das oficinas do Servizo de Emprego Público de Galicia pero non a clausura do seu servizo aos usuarios que se seguirá ofrecendo polas vías telemática e telefónica co obxectivo de manter a actividade e cumprir, á súa vez, coas recomendacións das autoridades sanitarias. Esta información irase actualizando no portal: https://emprego.xunta.gal



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



