Ribadeo, 27 de marzo de 2020. Arredor de 20 establecementos comerciais e hostaleiros asociados a Acisa se beneficiarán do apoio e da solidariedade dos seus arrendadores, que decidiron eximilos do pago das rendas do mes de abril.
Desde a directiva de Acisa amósanse “moi agradecidos con este xesto dalgúns arrendadores de Ribadeo que lles están comunicando aos seus arrendatarios que non lles van cobrar a mensualidade do mes de abril. Todos e todas estamos a atravesar por uns tempos difíciles, que non sabemos ata canto se van prolongar, de aí que calquera apoio sexa importante. Desde Acisa, e no nome dos nosos asociados e asociadas, queremos darlles ás grazas aos propietarios deses inmobles que acollen a diversos negocios de Ribadeo para súa xenerosidade. Así todos xuntos sairemos antes deste túnel no que nos atopamos”.
Entre os negocios que non terán que pagar algunhas mensualidades dos seus alugueres atópanse: Texturas Galegas, Mika, Anaís, Xeito, A Horta de San Roque, Inmoriba e Bar Galicia. Tampouco Acisa terá que pagar o aluguer do seu local, situado na rúa Viejo Pancho, “grazas á solidariedade de Rocío Paz, que entende que si comercios, restaurantes, bares e outros servizos están pechados e o están a pasar mal, esa situación tamén a está a sufrir a propia Asociación de Comerciantes de Ribadeo. Estamos moi agradecidos por este xesto”.
A xerencia de Acisa subliña que “temos tamén casos de asociados e asociadas que non terán que pagar tampouco os alugueres mentres os negocios estean pechados, pero tanto arrendador como arrendatario prefiren manterse no anonimato”.
Desde a directiva da Asociación de Comerciantes, Industrias, Servizos e Autónomos fan un chamamento “aos arrendadores de Ribadeo para que se poñan na pel dos seus inquilinos, que pecharon os seus establecementos para evitar a propagación do coronavirus, que non están a xerar ingresos, pero que seguen a ter gasto. Ademais moitos deles tiveron que prescindir temporalmente do seu persoal. Si todos poñemos o noso gran de area isto serán moito máis facilmente dixerible para a economía local”.
Acisa Ribadeo tamén se dirixe ás administracións: “gustaríanos que as administracións máis próximas cumpran o antes posible cos pagos aos seus provedores, debido á situación excepcional pola que están a atravesar. E pedímoslles tamén tanto ao Concello como ás entidades bancarias flexibilidade á hora de pasar ao cobro os impostos e as liñas de crédito contraídas. Non estamos a dicir que nos deixen de cobrar, pero si solicitamos que se nos dean facilidades”.
E engaden que “compañías como as do gas, as da luz ou as do teléfono deberían ter tamén algún detalle cos seus abonados e abonadas. A maioría son multinacionais e elas si que teñen posibilidade de facer estas cousas”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



