Dirán vostedes que sobreactúo ou falo de máis. Dirán outros que confundo os allos cos bugallos. Mais o cumio do iceberg que estamos a ver a respecto das xestións económicas persoais do Rei Emérito sinala un ponto de non retorno. Claro é que o Rei Xoan Carlos ten dereito á presunción de inocencia, tanto como calquera. Mais a súa garantía de inviolabilidade (só até o 18.06.2014, dende entón é tan imputábel teoricamente como calquera ministro ou deputado) e o bloqueo do tripartito da dereita e do PSOE á Comisión parlamentaria de pescuda pode agravar moi substancialmente a treboada que vai descargar, quer nuns días, quer nunhas semanas ou meses.
A Fiscalía do cantón suizo de Xeneva acusa ao anterior Xefe do Estado de percebir, a medio dunha conta da fundación panañeña Lucum-da que o Borbón e Borbón é único beneficiario-, 100M€ do entón rei da Arabia Saudita, Abdullah I, en agosto de 2008. Algunhas fontes acreditan que ésta é unha comisión vencellada á adxudicación saudita a un consorcio de empresas españolas do tren de alta velocidade A Meca-Medina. Compre dicir que esta adxudicación é posterior, data de 2011, malia que xa fora deseñada no 2006. Mais a propia Corinna vencelou no 2015 esta comisión con esta adxudicación.
Por outra banda, o xornal londinense The Telegraph acusou ao curmán do Emérito-a quen acusou de lle server de testaferro- de percebir 50 M€ de comisión pola venda do Banco Zaragozano (controlado polos curmáns Alberto Cortina e Alberto Alcocer) ao Barclays.
Semellan ser acusacións bastante potentes. Verdadeiramente poderían ser esaxeradas ou incertas. Mais seica choven sobre mollado, á vista da avaliación do patrimonio do Rei Emérito en 1790 M€ polo prestixioso xornal New York Times a primeiros do 2019. É verdade? De onde sairon tantos cartos?
Quere isto dicir que si o PSOE apoia ao tripartito da dereita na súa teima de impedir a Comisión parlamentaria de pescuda estaría apoiando as mesmas forzas do Deep State que cuestionaron a lexitimidade do actual Goberno do Estado, desconectándose dunha base electoral que, polo menos nas nacións e países do Estado con lingua propia, xa non é aquela que votaba Felipe e Guerra nos anos 80 do século pasado.
E, máis cedo ca tarde, haberán abrollar os vencellos entre os sectores regulados do Ibex 35 e demáis axentes do Deep State co Rei Xoán Carlos. Cál será o dano institucional que sofrirá o estado español?




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



