A Unión Europea (UE) enfronta a peor crise sanitaria e, en moi poucas semanas, económica dende a fin da segunda guerra mundial. E fronte este repto excepcional amosa falla de capacidade de ollar lonxe, de liderado e de comprensión da excepcionalidade. Velaí que abrollase até de agora, unha resposta lenta, torpe e desartellada.
Malia todo, algúns dos erros iniciais foron resoltos. O Banco Central Europeo (BCE) decidiu un programa de merca de activos públicos e privados por 750.000 M€, que mobilizaría 1.100.000 M€. Revogouse a desaquelada prohibición alemana de exportación aos outros Estados da Unión de material sanitario. E suspendéronse dos límites do déficit a cumprir polos Estados. Unha suspensión que o Goberno do Estado non trasladou aínda ás Administracións autonómicas e locais para que éstas resolvan as súas necesidades sanitarias, sociais e de compensación e reactivamento económico.
Mais a UE vive na división a respecto de medidas urxentes fronte á crise sanitaria que sofrimos, como a mutualización da débeda pública (eurobonos) e mesmo do seguro de desemprego. Medidas que compensarían a falla de resposta dos Estados no eido da política monetaria, reservada ao BCE e ás facilidades comerciais da industria alemana. Mais a fenda entre as Institucións comúns (Parlamento e Comisión europeas) e os Estados da Europa meridional, Eslovenia, Irlanda e Luxemburgo fronte Alemaña, Austria e os Países Baixos é moi grande.
Tamén é relevante a fenda entre Estados grandes (Alemaña, Francia, Italia e o Estado español) e medianos e pequenos canto á necesaria integración de todas as diplomacias e exército europeos en ferramentas públicas comúns.
Estes días de pandemia amosan tamén tres reptos fundamentais da nosa Europa son i) a reindustrialización, ii) a aposta tecnolóxica e máis a iii) autonomía alimentaria.
Canto á reindustrialización semella evidente que non podemos estar pendentes de complexas cadeas de distribución a respecto de producións industriais para as que somos (quizais só polo de agora ) perfectamente eficientes en capacidades humanas e técnicas.
No que atinxe á intensificación tecnolóxica europea repenico a opinión recentísimamente publicada polo economista galego Marcelino F. Mallo. A Internet das cousas, os big data e a intelixencia artificial, os blockchain haberían multiplicar as posibilidades da telemedicina, mesmo en poucos meses. Unha telemedicina que está a ficar á marxe desta crise sanitaria europea.
Para rematar, cómpre posibilitar a autonomía alimentaria. Europa precisa do pulo á produción e consumo alimentario de proximidade para garantir a subministración local de alimentos, afortalar a economía local e non depender de fráxiles equilibrios loxísticos.
Ou a UE reaxe ou de vagariño deixará de existir, como deixou de existir o Imperio romano.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



