Viveiro, 4 de marzo, 2020. Segundo un informe do colectivo de técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) a fenda salarial entre homes e mulleres sitúase en Galiza en 4.572 €. Entre 2005 e 2018 a fenda salarial aumentou na comunidade galega en 55 €, mentres que no Estado Español descendeu máis de 600 €. As diferenzas de soldo entre uns e outras non deixaron de aumentar desde 2015, a pesar de que entre 2005 e 2015 reducísense un 16%. En total, nos tres últimos exercicios a fenda incrementouse en 279 €. Os técnicos de Facenda estiman que as mulleres terían que cobrar un 28,6% máis para igualar o soldo dos homes, tal e como demostran os últimos datos da Axencia Tributaria. Os técnicos de Facenda calculan que, a este ritmo, farían falta 105 anos para pechar a fenda no estado.
Desde o BNG entendemos que lles corresponde ás institucións escoitar e recoñecer os debates que o feminismo galego está a colocar na axenda social e comprometer os nosos esforzos en corrixir as desigualdades que permanecen na Galiza de 2020. Os recortes que se aplicaron desde as administracións galega e estatal derivan no infrafinanciamento de moitos servizos públicos e esta situación tradúcese, moitas veces, na precariedade destes servizos e das persoas que traballan neles, como é o caso do Servizo de Axuda no Fogar.
É, ademais, un ámbito non suficientemente investigado e estudado mais que é evidente que ten un gran impacto na economía, que sería insostíbel sen esa achega non remunerada. Cómpre lembrar, por exemplo, que o valor xerado polas actividades no ámbito doméstico representaría o 50,6% do PIB de Galiza segundo a última Conta Satélite publicada no ano 2013 respecto do ano 2010 e con base 2008.
O 8 de marzo, día internacional da muller, reivindica e visibiliza a loita das mulleres polos seus dereitos, participación e recoñecemento, en pé de igualdade cos homes, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Proposta herdeira de feministas como Clara Zetkin que en 1910 impulsaron tal data e que posteriormente foi institucionalizada polas Nacións Unidas en 1975.
O vindeiro 8M o feminismo galego fará historia novamente, como xa fixo nos anos 2018 e 2019 cunha folga histórica. Baixo o lema “Sen coidados non hai vida. Mudando o sistema, derrubando o patriarcado” están convocados diversos actos preparatorios, unha manifestación nacional, que xa tivo lugar o pasado 1 de marzo en Verín e numerosas convocatorias locais e comarcais para a propia xornada do 8M.
Con esta campaña, o feminismo galego sitúa os coidados no centro do debate e as consecuencias para as mulleres galegas do sistema económico, social e político en que vivimos. A invisibilización dos traballos de coidados, a feminización da pobreza, as violencias machistas ou a falla de liberdade nas identidades sexuais e/ou expresións de xénero son algúns dos síntomas de subordinación social á que se ven sometidas en todas as esferas da vida e fai ineludíbel tomar todos os espazos que tamén lles pertencen: ás rúas, as institucións, os centros de traballo ou estudo, os espazos culturais etc.
Por todas estas razóns, este 8M cómpre recoñecer o traballo do feminismo galego e contribuír desde esta institución a combater a precarización de servizos de coidados ocupados maioritariamente por mulleres, e a dar visibilidade ao que supón no noso sistema económico e social a contribución do traballo invisible dos coidados como paso necesario para construír unha nova orde social que supere o patriarcado.
Polo que en virtude de todo o exposto, o grupo municipal do BNG de Viveiro, solicita ao pleno da corporación local a adopción do seguinte:
1.Recoñecer e apoiar as convocatorias do feminismo galego autoorganizado que neste 2020 colocan no centro do debate os coidados e as consecuencias para as mulleres galegas do sistema económico, social e político no que vivimos, que non podería sosterse sen coidados que se desenvolven en moitas ocasións de forma gratuíta ou a través da precarización de moitas mulleres, comprometéndose a traballar para que os poderes públicos contribúan a superar esta situación.
2.Demandar da Xunta de Galiza a asunción dos programas relativos á dependencia para garantir a súa prestación universal e en igualdade para todas as persoas usuarias sen que iso dependa do Concello de residencia.
3.Demandar da Xunta de Galiza o seu compromiso coa realización de estudos periódicos sobre o valor social e económico do traballo do fogar e do coidado.




















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



