Barreiros, 6 de marzo de 2020. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, realizou na mañá de hoxe unha visita institucional ao Concello de Barreiros, onde foi recibido pola alcaldesa, Ana Ermida e o goberno municipal.
Tras coñecer as instalacións municipais e asinar no libro de honra do Concello, mantivo unha reunión de traballo co goberno municipal, na que lle trasladaron as necesidades de Barreiros para a súa defensa en Madrid, insistindo nas demandas xa levadas polo goberno municipal aos Ministerios.
Finanzamento para a depuradora de San Miguel.
Tras a reunión mantida na casa consistorial, o deputado en Madrid visitou, acompañado do goberno e veciñanza, a praia de Arealonga e as instalacións das depuradoras de San Miguel e Reinante, onde lle amosaron in situ a situación que se produce, especialmente no verán, e que está a supoñer importantes prexuízos para o municipio barreirense.
Desde o goberno municipal insistiron en trasladar que os vertidos na praia de Arealonga están causando, ademais dun importante dano na imaxe turística do concello, consecuencias nunha zona especialmente delicada medioambientalmente, a escasos metros da praia das Catedrais e en zona de Rede Natura.
Néstor Rego tomou nota da situación e comprometeuse a “pór enriba da mesa nas negociacións dos Orzamentos Xerais do Estado a demanda barreirense para que goberno central e Xunta de Galicia se poñan a traballar para solucionar un gravísimo problema na depuración de augas residuais, que a Xunta ten a obriga de asumir, obtendo finanzamento de onde sexa preciso.”
Posta en valor do xacemento da Roda.
Ana Ermida trasladoulle tamén as xestións realizadas desde o Concello para a posta en valor e protección do xacemento de A Roda, onde Xunta de Galicia e Ministerio de Fomento deben traballar coordinadamente para actuar sobre el e evitar que se continúe a producir o seu deterioro.
O deputado do BNG comprometeuse a realizar todas aquelas xestións paralelas que sexan precisas para que as actuacións se leven a cabo no menor prazo posible, “xa que a protección do patrimonio cultural precisa de axilidade e inmediatez. Catorce anos de inacción e desprotección por parte dos gobernos son demasiados para un ben patrimonial da categoría do que estamos a falar”, asegurou.
A alcaldesa sinalou que é fundamental que o Ministerio de Fomento actúe para protexer e poñer en valor o xacemento, coa implicación da Xunta de Galicia, como administración competente en materia de Patrimonio e o compromiso do Concello de Barreiros de realizar as xestións precisas para facelo realidade.
Accesos ao polígono de Barreiros.
Outra das cuestións sobre as que o deputado nacionalista traballará en Madrid será sobre a necesidade de que se recolla a previsión de conexión directa do polígono de Barreiros co enlace da A8 e a A74 na futura execución desta.
Desde o goberno municipal amosáronlle a Néstor Rego o absurdo do deseño inicial, deixando o polígono barreirense sen un acceso directo, cando son escasos 100 metros os que separan o punto de conexión do mesmo.
Rego asegurou que “na tramitación que se poida realizar ao respecto, poremos enriba da mesa a necesidade do polígono de Barreiros, pola súa potencialidade e pola importancia de dotalo duns accesos óptimos que garantar o posible desenvolvemento do mesmo.”
Ana Ermida expresou o “agradecemento do Concello de Barreiros ao Deputado no Congreso pola súa preocupación e a súa receptividade á hora de recoller as demandas do noso Concello”. Pola súa parte, Néstor Rego púxose a disposición do goberno barreirense para desenvolver unha acción de goberno que permita transformar Barreiros e convertelo nun exemplo a seguir, con servizos e un aproveitamento sostible dos seus inmensos recursos.”





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



