Viveiro, 12 de marzo, 2020. Os Camiños de Santiago forman parte sen dúbida do patrimonio cultural de Galiza, camiños de peregrinación que se iniciaban por toda Europa para chegar á Catedral de Santiago situada no Reino de Galiza. Camiños que aínda hoxe en día, séguense a utilizar aínda que con moita menos devoción relixiosa e máis como turística e deportiva.
Os trazados dos camiños fundaméntanse no recoñecemento do seu uso como rutas de peregrinación de longo percorrido que estruturan, conforman e caracterizan o territorio que atravesan. As rutas principais dos Camiños de Santiago son: o Camiño Francés; o Camiño do Norte, ruta da costa e ruta do interior, tamén coñecido como Camiño Primitivo ou de Ovedo; o Camiño Inglés; o Camiño de Fisterra e Muxía; o Camiño Portugués, interior e da costa; a Vía da Prata ou Camiño Mozárabe; e o Camiño de Inverno. Mais tamén poderán ser recoñecidas como Camiño de Santiago aquelas rutas das que se documente e xustifique convenientemente a súa historicidade como rutas de peregrinación a Santiago de Compostela e a súa influencia na formalización da estrutura do territorio polo que transcorren.
Por todo isto, dende o BNG de Viveiro solicitábamos no pasado pleno que se nos fixera entrega dunha copia da documentación relacionada co Camiño do Mar coa que conta o Concello, como tamén, formulábamos as seguintes preguntas: cales foron as accións promocionais desta ruta postas en marcha polo Concello, e qué tramitación teñen feito para o recoñecemento da Xunta de Galiza deste camiño como ruta Xacobea que pasa por Viveiro.
“Por desgraza a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, non fixo máis que confirmar que en 9 anos non fixeron nada pola promoción desta ruta Xacobea que atravesa Viveiro” afirma Míriam Bermúdez, e incide “e que son máis de dúas lexislaturas sin molestarse en falar coa Xunta, non sei como pretenden que os tomemos en serio como Goberno. Tampouco teñen ningún tipo de documentación nin reuniron información algunha ao respecto deste camiño, cando é o imprescindíbel tela para xustificar a historicidade do Camiño do Mar e lograr que saia aprobada esta ruta como unha alternativa máis dos Camiños de Santiago, o Concello é o organismo competente ao que lle corresponde tramitar esta documentación”.
Cade deixar claro e aclararlle ao Goberno Local do PSOE, que o “Camiño do Mar” é unha cousa, e facer o camiño polo mar é outra ben distinta, que está ben que haxa xente que o faga en barco pero non ten nada que ver coa historia nin cos trámites necesarios para declarar ruta Xacobea ao Camiño de Santiago que atravesa Viveiro”.
Dende o BNG de Viveiro rematamos de soliciarlle á Conselleria de Turismo da Xunta a información acerca dos trámites e da documentación existente, así como da necesaria para declarar ruta Xacobea ao Camiño de Mar que atravesa Viveiro. Tal e como fixemos hai un mes cando nos puxemos en contacto coa Consellería de Medio Rural, solicitando información de porque seguía a prohibición da couza da pataca en Viveiro, ante a falta de interés e información dende o Goberno de María Loureiro.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



