Viveiro, 30 de marzo de 2020. O Concello de Viveiro pon en marcha unha iniciativa para a confección de máscaras por parte de voluntarios e voluntarias grazas ao material doado por Alcoa e África Copias.
A concelleira do BNG, Miriam Bermúdez, púxose en contacto coa alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, para plantexar esta proposta e solicitar a colaboración necesaria para a súa execución.
Desde o concello realizáronxe as xestións necesarias con Alcoa e África Copias para conseguir a donación do material necesario, un material moi específico similar ao utilizado para a confección das máscaras sanitarias. Ademais, deuse traslado desta iniciativa a todos os veceiros municipais, que se implicaron no proxecto e tamén colaboraron na búsqueda de voluntarios e voluntarias.
A día de hoxe hai uns 60 voluntarios que se ofreceron para coser as máscaras; a Escola de Costura Loli Polo colaborará tamén organizando o traballo dos voluntarios, elaborando o patrón e cortando as telas. Publicarase un tutorial no que se explica como se deben coser as máscaras.
O persoal de Protección Civil encargarase de entregar este material no domicilio de cada un dos voluntarios e voluntarias, e de recoller as máscaras elaboradas, adoptando as medidas de seguridade necesarias para evitar contaxios.
O concello será ademais o encargado de xestionar o uso das máscaras que se confeccionen, que serán distribuídas entre persoal municipal, as dúas residencias de maiores do concello e persoal de axuda a domicilio, por tratarse dun material que comeza a ser deficitario entre estes colectivos
Afortunadamente, tanto Alcoa como África Copias donaron gran cantidade de material, polo que é posible aumentar o número de voluntarios e voluntarias participantes. Se algunha persoa quere sumarse a esta iniciativa debe chamar ao número de teléfono 647 639033.
“Desde o Concello de Viveiero sentímonos orgullos de poder xestionar esta inciativa e queremos destacar e agradecer a rapidez coa que se puxo en marca”, afirma a alcaldesa.
O concello agradece públicamente á concelleira do BNG e ao grupo de costureiras polo seu plantexamento; aos voceirios municipais pola súa implicación; a Alcoa e África Copias pola doazón do material, á Escola de Costura Loli Polo por preparar o patrón, cortar as telas e dirixir os traballos de costura, e a todas as persoas que se ofreceron como voluntarias para coser máscaras dende os seus fogares.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



