Ribadeo, 25 de marzo de 2020. O Concello e as catro farmacias da vila poñen hoxe en marcha a campaña Mascarilla 19 para prestar atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Aquelas persoas que estean a ser obxecto de agresións nos seus domicilios neste tempo de confinamento, que aproveiten algunha saída para achegarse á farmacia máis próxima e pronunciar as palabras Mascarilla 19. Neste momento activarase o protocolo de violencia de xénero do Concello de Ribadeo e daráselles toda a axuda que precisen. A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, anima á cidadanía a denunciar calquera caso que detecten entre os seus veciños.
A edil ribadense dixo que “desde a Área de Igualdade do Concello e a Mesa Institucional viñemos analizando estes días, nos que estamos todos recluídos nas casas, os riscos que suporía para aquelas mulleres que son vítimas de violencia de xénero nos seus propios fogares, que están convivindo cos agresores. Incluso estábamos moi preocupados e preocupadas polos índices, que poderían ir en aumento, ao ter esa relación de convivencia tan estreita”.
Mariluz Álvarez Lastra explicou que “de aí que desde o Concello de Ribadeo, en colaboración coas catro farmacias que existen na nosa vila, e tomando como referencia unha iniciativa do Instituto Canario de Igualdade que nos deron o seu permiso para facelo, imos iniciar desde hoxe unha campaña que queremos anunciar a toda a cidadanía, a todas aquelas mulleres que o estean a sufrir, que sexan vulnerables, a todas aquelas persoas a nivel social que sintan no seu edificio, que vexan ou que poidan ser coñecedoras deste tipo de condutas ou agresións neste momento, para poder atallalo que vaian á súa farmacia máis próxima ou coa que teñan máis confianza e que digan a palabra Mascarilla 19”.
A concelleira de Igualdade subliñou que “con esa palabra Mascarilla 19 o persoal das farmacias sabe perfectamente o que ten que facer. Trátase de tomar os datos de referencia e inmediatamente chamarán ás forzas de seguridade e ao teléfono que temos no Centro de Información ás Mulleres e activarase o protocolo de protección a vítimas de violencia de xénero do noso Concello”.
Álvarez Lastra insistiu: “como ben digo a partir de hoxe en Ribadeo, desde o Concello en colaboración con todas as farmacias, poñemos en marcha a campaña Mascarilla 19. Todas aquelas mulleres ou aquela cidadanía que sexa coñecedora dalgún caso de persoas que poidan estar sufrindo agresións no seu domicilio, que poida haber un incremento desa violencia ou que sintan o perciban algo, que poñan en salvagarda a súa vida e que dean a coñecer estas situacións para que non se sintan soas. Trátase de ir á farmacia máis próxima e dicir Mascarilla 19. Neste momento o persoal das farmacias sabe cómo actuar e poñerase en marcha o protocolo de violencia de xénero que existe no Concello de Ribadeo”.
Para a edil nacionalista “tan importante como a Área de Servizos Sociais e tan importante como que teñamos os servizos básicos a nós parécenos fundamental tamén traballar desde esta Área de Igualdade e protexer ás nosas mulleres, ás nosas crianzas e pasar a situación nestes momentos da mellor maneira posible e sobre todo extremar as medidas de precaución. Como ben digo a palabra clave é Mascarilla 19”.
Mariluz Álvarez agradece a colaboración das farmacias de Ribadeo para participar nesta iniciativa.




















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



