Servizo de mensaxería instantánea para contactar coa policía e teléfonos para recibir asistencia psicolóxica, ademais do xa coñecido 016 son algunhas das medidas que o goberno pon a disposición das vítimas de violencia de xénero confinadas co seu agresor mentras dura o illamento polo estado de alarma, demostrando que, como políticos, serán moi bos, ninguén llo discute, pero que, en materia de violencia de xénero, están a velas vir, e, o peor de todo, non teñen a menor intención de admitilo para tentar poñerlle remedio.
Mal imos cando non se lles pasa pola cabeza que a inmensa maioría van ter o teléfono controlado e retido polo seu maltratador, polo que, non soamente non van poder chamar, se non que é prácticamente imposible contactar con elas.
Calquera intento de comunicación detectado por él pode ser a súa sentenza de morte.
Non se lles ocorre pensar, polo visto, que, ante este panorama, a axuda psicolóxica nin é viable, ni serve de nada, porque, obviamente, é imposible que manteñan unha conversa e a prioridade é, obviamente, salvarlles a vida.
A terapia, a que non lle quito importancia, por suposto, pero cada cousa ao seu tempo, pode agardar.
Entre os consellos que lles brindan está o de tentar non quedarse a soas co agresor…..
A quen vai dirixida esta recomendación?. As familias cun mínimo de tres membros?, porque, evidentemente, de nada serven para as mulleres que viven soamente coa parella, por non falar das dimensións das vivendas, porque ao mellor as das súas son xenerosas, pero a inmensa maioría vivimos nunhos poucos metros cadrados…..ideal para non coincidir!.
Tamén lles recomendan que eviten os conflictos con él, pero se estala, que non respondan con berros ou ameazas veladas.
Dito doutro xeito, ademais de temer polas súas vidas, se lles encomenda a responsabilidade de manter a fera tranquila.
Se as agrede, algo que ocurrirá con toda probabilidade, a culpa será súa, por non mantelo calmado, por non manter elas mesmas a calma, porque é o que ter convivir co terror, que fai moi doado manter a tranquilidade, estar serea, mentras ves perigar a túa vida.
Mención aparte para a recomendación de que procuren ter un teléfono preto delas, e volvemos ao comezo.
Ainda non se enteraron, polo visto, de que a primeira medida de presión é controlarllo e arrebatarllo.
E sen verbas me quedo coa que é case a mellor de todas:
Que procuren non ser agredidas na cociña, onde hai coitelos e outros utensilios que él pode coller para atacalas!.
O colmo! .
Realmente teñen idea do que pasa cando se produce unha agresión deste calibre?.
Qué pensan, que se programa, que se pode controlar cada movemento, cada reacción, o momento no que vai ser atacada?.
Pois non, señoras e señores, sinxelamente, cando menos o agardas o tes enriba de ti sen poder reaccionar, nin defenderte, e unha vez mais me reitero, vivimos en casas moi normaliñas, non en palacetes que nos permitan refuxiarnos no extremo oposto da casa, e ainda así, esa non sería a solución, porque o que quere maltratar, acaba por facelo, malia a distancia ou canto se lle poña por diante.
E o que quere matar, acaba matando.
O panorama é realmente desolador, e os que traballamos habitualmente con vítimas de violencia de xénero estamos a vivir estes días cunha enorme angustia, a angustia do silencio, de non poder preguntar se están ben, se precisan axuda, se seguen vivas…..
Pero hai algo mais que, polo visto, as señoras e señores do goberno, non contemplan.
Non escoitamos nin unha soa mención as vítimas de violencia de xénero do rural.
Para elas o illamento e ainda peor.
Casas afastadas unhas das outras. Sen teléfono, ou, de telo, en moitos casos sen apenas cobertura ou directamente sen ela.
Confinadas co agresor, ou tal vez tamén coa familia del, como segue a ser unha costume moi extendida, que non verá, non escoitará, e, por suposto, non a axudará.
Sen medio de transporte , sen escapatoria.
Como é posible que non se escoitara nin unha soa referencia a elas?.
Non hai excusa nin perdón para isto.
Non se pode confiar, evidentemente, nun goberno que, co esquecemento, tamén maltrata.
Non hai moito que comentaba con alguén que o meu achegamento coa política rematara para sempre, porque ante certas cousas, nunca poderei nin calar, nin mirar a outro lado.
Férveme o sangue!.
Non sei nin como rematar.
O único que se me ocorre, porque a indignación ante a súa indiferencia, o medo por estas mulleres, polos seus fillos, me supera.
Soamente unha cousa me ven a mente.
Señoras e señores do goberno, cando falen de maltrato, tal vez deberían mirarse no espello.
Marta Rodríguez Engroba
Asociación Si, hai saída




















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



