Compostela, 21 de marzo, 2020. A Consellería de Sanidade amplía desde esta mesma mañá o horario do reforzo, de ata 100 teleoperadores, para a atención exclusiva do teléfono gratuíto 900 400 116 de información e consulta sobre o coronavirus que se manterá desde as 8,00 ata as 24,00 horas durante todos os días da semana.
O reforzo do persoal teleoperador do teléfono 900 400 116 de información sobre esta enfermidade comezou o pasado martes 17 de marzo en horario de 9,00 a 21,00. A partir de hoxe, ante o elevado número de chamadas atendidas, cunha media diaria de 6.165 chamadas só nesta liña 900, Sanidade vén de incrementar este reforzo nas franxas horarias.
Ás chamadas atendidas no 900 400 116 engádense as atendidas no 061 en relación con esta enfermidade que, desde a implantación deste reforzo, supoñen unha media diaria de 819 chamadas atendidas. Todo o anterior fai que na Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xestiona ambos os dous números de teléfono, a media diaria de chamadas atendidas en relación co coronavirus sexa de 6.984
Se atendemos ao total de chamadas atendidas polo 061, que inclúe a atención as urxencias e as emerxencias sanitarias, nestes últimos catro días, a media diaria é de 5.580 chamadas atendidas, fronte ás preto de 3.000 chamadas diarias atendidas habitualmente.
Outras ferramentas de información sobre o coronavirus
Ademais do número 900 400 116 de información gratuíta sobre o coronavirus, a Consellería de Sanidade puxo a disposición da cidadanía outras ferramentas de atención e consulta acerca desta enfermidade como o formulario de autotest sobre o coronavirus, dispoñible na páxina do Sergas https://coronavirus.sergas.es, e na páxina web do 061 061.sergas.gal.
O teléfono 900 400 116 habilitouse para aquelas persoas que teñan síntomas leves de coronavirus e estiveran nunha zona de risco ou tiveran contacto estreito cunha persoa que dera positivo en coronavirus, así coma para aqueles que queiran solicitar información relacionada con esta enfermidade. Deste xeito, o 061 mantense como o teléfono exclusivo para a atención ás urxencias e ás emerxencias sanitarias en Galicia ou a consulta exclusiva de casos graves. Calquera persoa que se atope nunha situación de urxencia ou emerxencia sanitaria, deberá chamar ao 061, onde será atendido por persoal médico e enfermeiro especialista na atención a este tipo de situacións.
Cómpre recordar que o novo coronavirus transmítese principalmente por vía respiratoria e polo contacto directo con secrecións respiratorias. Na maioría dos casos, a infección por esta enfermidade é similar a un arrefriado común. As recomendacións para evitar un posible contaxio, establecen principalmente lavarse frecuentemente as mans con auga e xabón, evitar tocarse os ollos, o nariz e a boca se non ten as mans limpas, e cubrir a boca e o nariz co cóbado se tose ou espirra.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



