Lugo, a 31 marzo de 2020. Os senadores populares pola provincia de Lugo veñen de rexistrar no Senado unha pregunta en relación ás medidas preventivas adoptadas polo Goberno do Estado para garantir na provincia de Lugo a protección e a saúde dos empregados de notarías, xulgados, rexistros da propiedade e prisións ante a alerta sanitaria provocada polo Covid-19.
Os senadores do PP lucense trasladan ante a cámara alta esta iniciativa ante as declaracións de funcionarios de prisións dos centros penitenciarios de Monterroso e Bonxe sobre a escaseza de material de protección contra o coronavirus que permita realizar o seu traballo diario segundo as recomendacións sanitarias para a prevención do contaxio por Covid-19.
Os representantes do PP lucense no Senado pretenden coñecer, deste xeito, de forma pormenorizada o alcance das medidas tomadas polos Ministerios de Xustiza e Interior do que dependen estes órganos e institucións de cara á protección da saúde dos seus traballadores e funcionarios públicos.
Os senadores populares pola provincia de Lugo están a interesarse pola adopción e o seguimento das medidas implementadas polo Goberno central para a xestión da crise sanitaria provocada polo coronavirus que afectan, especialmente, á provincia de Lugo.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



