Santiago de Compostela, luns 16 de marzo de 2020. “Lo prioritario ahora es poner a salvo la salud de los gallegos”, Así o asegurou a portavoz de Cs en Galicia e candidata da formación laranxa á Presidencia da Xunta de Galicia, Beatriz Piñeiro, tras a reunión telemática mantida esta mañá con Alberto Núñez Feijóo, e cos candidatos do resto de formación políticas en Galicia.
A responsable da formación liberal ha sinalado que todos os partidos coincidiron, de forma unánime, que as eleccións previstas para o día 5 de abril non deben celebrarse dada a situación de excepcionalidade e o estado de alarma decretado no país, e para iso mañá haberá un novo encontro telemático para acordar “exactamente el procedimiento de nueva convocatoria electoral, así como os mecanismos por los que se paraliza este proceso y como y en que condiciones se podrán reactivar en una futura fecha”.
Piñeiro fixo unha valoración moi positiva da reunión e puxo de manifesto o exercicio de transparencia de Feijóo nunha reunión na que “se nos ha trasladado resumen de las propuestas hechas por la Xunta de Galicia al Gobierno Central en la reunión mantenida ayer entre sus máximos responsables. Se ha escuchado las diferentes propuestas de los grupos para Galicia en esta situación que vivimos, y se nos ha puesto al día con los datos de incidencia y afectación del coronavirus en nuestra comunidad”.
A candidata de Cs fíxolle chegar a Núñez Feijóo unha batería de medidas para autónomos, familias e empresas, os que desde Cidadáns considéranse serán os principais afectados. Nesta liña, as preocupacións e prioridades para este partido son: evitar peches e despedimentos masivos nestas próximas 48 h. Para iso e para garantir que os traballadores afectados pola situación non teñan que perder o seu soldo, proponse: Bonificación de cotas a seguridade social, Conxelación de cota de autónomos e Moratoria xeneralizada de impostos. Así mesmo proponse que os autónomos teñan dereito a prestación económica por cesamento ou redución de actividade, liñas de financiamento ilimitadas avaladas polo Estado, unha moratoria fiscal para autónomos e empresas afectadas, entre outras moitas medidas dedicadas. En definitiva, mitigar o prexuízo económico provocado pola situación de excepcionalidade polo COVID-19.
















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



