Madrid, 30 de abril de 2020. A portavoz socialista na Comisión de Sanidade, Ana Prieto, defendeu hoxe que os datos da evolución favorable da pandemia do COVID-19 en España avalan a determinación e o acerto das decisións tomadas polo Goberno. Un triunfo sobre o virus que se está logrando grazas á responsabilidade dos cidadáns que están a contribuír a dobregar a curva. “El esfuerzo colectivo hace posibles victorias parciales sobre el virus, recalcou Prieto, quen tamén sinalou que por sétimo día consecutivo o número de curados supera aos novos contaxiados.
Na súa intervención ante a Comisión de Sanidade do Congreso, Prieto tamén criticou a actitude “irresponsable” do PP, a quen reclamou que “aprendan a estar en la oposición” e traballen da man do Goberno para facer fronte ao virus. “Si su tristeza es real, no es necesario que hagan teatro, dejen ya de politizar el dolor y no le exijan al Gobierno de España lo que ustedes no han hecho en las comunidades autónomas donde gobiernan. Sean coherentes”, reprochou.
“Dejen de pedir medidas 40 días después de que hayan entrado en vigor, abandonen el ridículo y dejen de tomarnos el pelo. Por favor, abandonen el partidismo y estén a la altura de España”, dixo Ana Prieto, en resposta á portavoz dos populares na comisión, Cuca Gamarra, a quen tamén lle pediu que deixe de pensar en clave electoral e preocúpese polo ben común.
Deste xeito, proseguiu, o Goberno e o Grupo Parlamentario Socialista, desde a humildade, van manter “permanentemente” a man tendida ao PP para traballar en común. Nese sentido, Prieto tamén afeou a actitude partidista de VOX a quen insistiu en que abandonen os seus propios intereses para unirse á loita común porque “ese es el verdadero patriotismo y así se protege a España y a los españoles”.
Responsabilidade individual na desescalada
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, reiterou hoxe no Congreso que os datos da evolución da pandemia en España están a indicar unha clara progresión favorable e, por iso, o Goberno adoptou unha medidas de alivio para a cidadanía e trazou un Plan de Desescalada, que rexerá a transición cara á nova normalidade. “La responsabilidad individual es ahora más necesaria que nunca, para mantener la protección de nuestra salud”, destacou o ministro, quen tamén se mostrou convencido de que a cidadanía española estará á altura nesta nova fase, tal e como fixo ata o de agora.
Durante a súa sexta comparecencia ante a Comisión de Sanidade, incidiu na importancia imprescindible que ten a responsabilidade cidadá ante esta flexibilización das medidas de confinamento. “Son ahora más importantes que nunca, cuando nos encontramos a las puertas de emprender el camino hacia las siguientes fases”, dixo. A pesar deste “alivio” o Goberno tampouco escatimará na prudencia que veu caracterizando a súa acción porque, “tenemos que seguir actuando con mucha cautela”.