Santiago de Compostela, 30 de abril de 2020. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, volveu pedir hoxe ao Goberno que estableza un prezo eléctrico competitivo e que aclare as dúbidas que aínda están sen resolver con respecto ao futuro do sector electrointensivo. Conde e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participaron esta maña nunha reunión telemática co comité de empresa de Alcoa San Cibrao, na que o conselleiro asegurou que o Executivo non ten escusas para poñer fin a esta desconexión cunha industria estratéxica para a economía galega como é a electrointensiva.
O conselleiro incidiu en que tras moitos meses de espera e prórrogas, é o momento de definir o marco enerxético e aprobar un Estatuto que garanta a viabilidade tanto da planta de Alcoa San Cibrao como do resto da industria electrointensiva galega, da que dependen 5000 traballadores da Comunidade: “Esperamos que se poidan recoller as alegacións presentadas pola Xunta e se aprobe un Estatuto cun prezo competitivo e estable. Sen el, Alcoa San Cibrao non terá continuidade. A demanda dos traballadores e da Xunta é compartida para que o Goberno recolla estas propostas e a produción de aluminio primario poida continuar na planta”, explicou.
Conde, que esta mesma semana participou nunha reunión co Goberno, constatou a falta de avances por parte do Executivo neste asunto e lamentou a súa pasividade e falta de atención ante unha industria que é esencial para Galicia.
O conselleiro, que cualificou o momento de “crítico e preocupante” trasladou, unha vez máis, todo o apoio da Xunta aos traballadores para reclamar que o Goberno blinde o seu futuro. Neste sentido, asegurou que tanto os empregados de Alcoa, como das empresas auxiliares
-como Reymogasa ou Cyrgasa que acaban de presentar expedientes de regulación temporal de emprego- merecen respostas.



















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



