Viveiro, 16 abril de 2020. A Xunta de Galicia reforza o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) nos concellos de Galicia. No de Viveiro incrementa en 3.294 horas máis ao mes (totalizan 8.380) esta prestación para a atención das persoas con necesidades asistenciais. O portavoz municipal do PP, Óscar Rodríguez, indica que a Consellería de Política Social financia estas horas extraordinarias para poder atender a máis persoas que podan precisar deste servizo como consecuencia da pandemia xerada polo coronavirus.
O portavoz popular en Viveiro recorda que, por decisión da Xunta, esta medida estará vixente mentres se manteña a situación de emerxencia sanitaria e de estado de alarma. Terán prioridade os casos máis urxentes detectados polos servizos sociais municipais. Tamén se terán en conta aquelas persoas cunha solicitude de dependencia rexistrada e pendente de ser valorada.
Rodríguez destaca que a Xunta asume o importe íntegro desta nova prestación, que non suporá gasto para o usuario, destinando para elo un investimento de 6 millóns de euros ao mes no conxunto da comunidade. O portavoz municipal do PP considera que esta medida deixa claro que para a Xunta á atención as persoas é absolutamente prioritaria nunha situación como a actual.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



