As antigas Caixas galegas, entes fundacionais sen ánimo de lucro, desenvolvían a primeiros deste século varias inicativas sociais para fornecer de atención institucionalizada ás persoas da terceira idade que o precisaban. No 2003 Caixanova e a súa participada, o Banco Gallego, mercaban a empresa Geriatros.
No 2005 chegou ao goberno a coalición BNG-PSdeG. E o vicepresidente nacionalista, Anxo Quintana, consciente da inexistencia dun sistema galego público de atención aos maiores, diversificou o orzamento da Xunta para atraer o capital social-non público-das Caixas a un proxecto inédito de atracción das súas achegas neste eido social. Fundouse no 2006 a Sociedade Galega de Servizos Sociais (Sogaserso), participada nun 45% pola Xunta e en cadanseus 27,5% polas dúas Caixas. Sogaserso construiu catro importantes residencias da terceira idade: Viveiro, Vimianzo, Ourense e Monforte e mercoulle a Geriatros a de Aldán-Cangas, no comezo de 2009. O Goberno galego ampliaba exponencialmente os recursos públicos coa cooperación público-social.
Gañou o PPde G o 1-M do2009 e en xullo de 2010 a Xunta vendeu o seu 45% en SOGASERSO ás Caixas. Éstas fusionáronse en novembro de 2010, ficando dende entón Sogaserso propiedade ao 100% de NovaCaixaGalicia (hoxendia AFundación), que mantén a propiedade das cinco residencias e, deste xeito, cumpre (só formalmente) as fins de protección da terceira idade e falla de ánimo de lucro esixidas polos concellos ourensán, vimiancés e viveirense para cadansúas cesións dos terreos onde SOGASERSO construiu cadansúas Residencias.
Despois da fusión das Caixas NovacaixaGalicia autocontratou o alugueiro e xestión das residencias de Sogaserso a Geriatros. Mais no verán de 2012, Geriatros (xestor daquela de 27 Residencias) foi vendido por NCG Banco ao fondo luso Magnum, que a vendeu no 2017 ao fondo francés PAI Partners, que despois integrou o seu grupo xeriátrico Domus Vi con Geriatros e varias empresas xeriátricas no mercado estatal adquiridas do 2014 en diante. Domus Vi xestiona arestora máis de 370 residencias no Estado, Portugal e Francia.
Galicia pagou moi caro este afastamento do público e do social na xestión das necesidades da nosa terceira idade. No informe anual do Consello de Contas de 2017 xa se denunciaba que o cadro de persoal ofertado para a contratación do servizo, no caso da Residencia compostelá de Domus Vi non coincidía co efectivo. Nin se cumprían os “ratios” de persoal por residente nin as substitucións deste nas quendas de vacacións e fins de semana. Conclusións que atinxían tamén á Residencia ourensá Nª Sª da Esperanza da Fundación San Rosendo.
Nesta crise pandémica, as Residencias Domus Vi de Cangas e Barreiro-Vigo foron intervidas polo seu descontrol diante do espallamento do virus e da súa letalidade asociada, mentres as Domus Vi de San Lázaro acada arestora dos peores níveis neses parámetros. As grandes empresas do sector, propiedade de anónimos Fondos, seica dan o peor servizo.
Urxe consensuarmos un outro modelo nos servizos asistenciais á terceira idade. A Xunta (que non pode negar coñecer, polo menos parcialmente, esta realidade) habería pescudar e sancionar os comportamentos ilegais do servizo das Residencias privadas incumpridoras E o Sogaserso d’Afundación disporá sen dúbida de recursos contractuais para recuperar a xestión das Residencias que construiu a iniciativa público-social da Xunta e as Caixas e garantir, deste xeito, os criterios asistenciais esixidos pola lei e o sentido común.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



