Lugo, a 26 de abril de 2020. A presidenta provincial do PP, Elena Candia, mantivo a terceira reunión telemática de traballo e de coordinación do Partido cos senadores lucenses, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela. Deste xeito, a máxima dirixente dos populares na provincia continúa a analizar cos distintos cargos orgánicos e institucionais as iniciativas presentadas nas distintas cámaras parlamentarias, co fin de aportar medidas ao Goberno para reducir os efectos socioeconómicos que trae aparellados a crise sanitaria do Covid-19 na provincia.
Os populares que, situaron as consecuencias en materia de saúde pública como o principal problema da pandemia, consideran tamén importante que o Executivo central debe contemplar na súa folla de ruta, “pois a día de hoxe non o fixo”, medidas específicas dirixidas ao sector servizos e do comercio minorista que contribúan a solucionar o problema dos arrendatarios de locais de negocio para facer fronte ao pagamento do alugueiro durante o período no que estean obrigados a clausurar a súa actividade.
Neste senso, consideran que o Goberno non debe obviar esta cuestión, xa que ducias de empresarios e autónomos de Lugo non obtiveron nin un só ingreso dende hai mes e medio, pero sen embargo continúan tendo que facer fronte a numerosos gastos para seguir dados de alta, como son: créditos, seguros, os recibos da auga e da luz ou o alugueiro”.
“Somos conscientes de que a recuperación vai ser lenta e difícil, pero este gasto ao que nos referimos é fixo. Pensamos que axudar a estes traballadores a custear o prezo do que lles custa cada mes o local dos seus negocios é unha medida que xa debía de ter posto enriba da mesa Pedro Sánchez”, sobre todo, indican, “porque a reapertura tamén vai ser complicada e incluso implicará o acondicionamento de moitos destes locais”.
ERTES
A este respecto, os senadores tamén expuxeron a necesidade de que o Goberno clarifique cando os lucenses afectados polos ERTEs van cobrar a prestación que lles pertence. Son unhas 4.000 empresas da provincia e 14.000 traballadores os foron incluídos nun Expediente de Regulación Temporal de Emprego por mor da crise sanitaria, pero que, o atasco que ten o SEPE na súa tramitación provoca que a gran maioría dos afectados non cobren ata comezos de maio, no mellor dos casos, ou incluso ata xuño. “Esta dilación inaceptable nos prazos está a ocasionar incertidume en moitas familias que non saben como van afrontar os seus gastos mensuais, ao descoñecer cando van a recibir os ingresos que lles pertencen”, explicaron.
O vitivinícola, outro dos sectores afectados
Outro dos sectores afectados pola pandemia é a industria vitivinícola da Ribeira Sacra. A este respecto, explican que a situación é incerta para todas as bodegas: tanto para as que teñen cesada a súa actividade de forma temporal coma para as que se manteñen activas, que xa viron diminuídos os seus ingresos. Tal é así que as perdas do sector constátanse tamén na maioría das adegas porque só 15 das 96 que existen na Ribeira Sacra comercializan o seu produto de forma directa a través da Internet.
Engaden tamén os populares que a suspensión dos actos e celebracións programadas e para as que o sector levaba invertendo recursos humanos e materiais durante meses supuxo un grave trastorno para os adegueiros, pois iniciativas coma a replantación e a reestruturación dos viñedos ou a participación en feiras internacionais, que xa estaban programadas, non se poderán levar a cabo polo momento.
Retorno dos ERASMUS
Para os populares tamén é importante que dende o Goberno de España se facilite que os estudantes lucenses e galegos que están a cursar os seus estudos no estranxeiro poidan voltar aos seus fogares durante o estado de alarma. Son moitos os mozos que, no marca do programa de mobilidade europea para universitarios, se atopaban fóra do país cando comezou a pandemia do Covid-19 e as embaixadas non lles ofrecen ningunha solución viable. Esta situación agrávase aínda máis se se ten en conta que a crise sanitaria obrigou ao peche de fronteiras comunitarias para a libre circulación de persoas e ás restrición de voos para que os estudantes poidan retornar. Así llelo trasladaron diversos afectados á senadora Rosa Arza, entre eles unha estudante de Foz que se atopa na República Checa.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



