Burela, 10 de abril, 2020. O Centro Comercial Aberto de Burela quere seguir animando a veciños e veciñas da localidade e darlle folgos durante estas duras semanas de confinamento. Para tal fin veñen de crear un vídeo publicado na súa páxina de Facebook no que intentan motivar aos clientes para que confíen no comercio de proximidade e así poidan axudar á recuperación económica local unha vez pase a corentena.
https://www.facebook.com/ccaburela/videos/149594083137890/
Desde o colectivo pensan que esta situación é moi complicada e os folgos flaquean a estas alturas, pero esperan que os bureleses e burelesas aporten, na medida das súas posibilidades, para que o futuro da localidade sexa menos incerto.
A situación dos comerciantes
Tamén desde a directiva dos empresarios, entenden que eles mesmos son un dos colectivos máis prexudicados, xa que as súas fontes de ingresos foron totalmente cortadas por mor do estado de alarma. Para intentar axudar a esta situación decidiron suspender o pago da cota do 2º trimestre do ano, que quedará perdoada. Con esta medida queren axudar a aliviar a situación económica dos seus socios e socias.
Tamén algúns dos comerciantes están promovendo un hastag nas súas redes sociais #medrandoxuntosquedonacasa no instan a que as persoas non se movan do seu domicilio, que teñan ánimos e, sobre todo, que sigan confiando no comercio local unha vez que a situación volva á normalidade.
O Centro Comercial Aberto de Burela quere mandar unha mensaxe positiva e de ánimo e están convencidos de que despois da situación actual continuaremos medrando xuntos






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



