Compostela, 3 de abril, 2020. Os grupos parlamentarios PSdeG-PSOE, Común da Esquerda, Bloque Nacionalista Galego e Grupo Mixto facemos público o noso firme desacordo coa decisión da dirección da Corporación da Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) de non retransmitir en directo a sesión
da Deputación Permanente celebrada no Parlamento este venres 3 de abril de 2020.
Os medios públicos teñen a responsabilidade –profesional e legal– de achegar unha información plural, obxectiva, sempre guiada por criterios de imparcialidade, neutralidade e veracidade, prestando especial atención aos debates que se realicen na Cámara, tal como recolle na Lei de creación da CRTVG, a Lei de medios públicos audiovisuais de Galicia e no Mandato Marco da CRTVG.
Resulta incomprensible que ante unha crise sanitaria sen precedentes que se ten cobrado a vida de máis de 10.000 persoas, a televisión pública que os galegos e as galegas sufragan con 100 millóns de euros cada ano furte información sobre as propostas das formacións políticas para combater a pandemia, tanto no aspecto sanitario como económico.
Así, mentres no Parlamento as forzas políticas debatían medidas para afrontar a crise, a TVG emitía un programa de cociña explicando a elaboración dunha receita culinaria, anuncios da teletenda e o resto da programación ordinaria, por decisión da dirección do ente, con Alfonso
Sánchez Izquierdo como principal responsable. É intolerable que, mesmo no medio dunha pandemia, o PP siga facendo unha utilización partidista dos medios públicos e utilizando a televisión pública como canle de publicidade e propaganda ao servizo do Executivo de Feijóo e do Partido Popular.
O dereito á información é un dereito fundamental que debe ser garantido en calquera situación e contexto, pero aínda máis en momentos de excepcionalidade. A decisión de censurar o debate parlamentario supón de facto unha vulneración dese dereito, porque impide o dereito das galegas e galegos a coñecer, contrastar e reflexionar sobre a acción política do goberno da Xunta en relación á crise polo COVID-19 e, tamén, negar o acceso ás opinións, posicións e propostas dos distintos grupos parlamentarios.
As forzas políticas que asinamos este comunicado solicitamos á dirección da CRTVG que actúe con responsabilidade de país, tendo en conta que se debe ao pobo galego e non aos intereses partidistas do PP, e que cumpra coa misión de servizo público garantindo unha información de proximidade que respecte os principios de pluralidade, imparcialidade, neutralidade e veracidade informativa.
Finalmente, queremos trasladar toda a nosa solidariedade e apoio os traballadores e ás traballadoras da CRTVG que tentan facer o seu labor con profesionalidade e rigor, e que hoxe mesmo cumpren 98 venres negros para denunciar a manipulación informativa e en defensa dunha RTVG ao servizo da sociedade galega.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



