Lugo, a 27 de abril de 2020. A presidenta provincial, Elena Candia, acompañada do deputado no Congreso, Jaime De Olano, o senador, José Manuel Barreiro, e os alcaldes de Xove e Cervo, Demetrio Salgueiro e Alfonso Villares, trasladou este luns o apoio do Partido Popular ás demandas do comité de empresa e que xorden logo do anuncio realizado pola multinacional e que inclué a parálise das cubas que xa están a piques de rematar a súa vida útil, sen que se lles realice a rebrascaxe para o seu posterior arranque. Esta medida implica unha redución considerable na produción e, por tanto, supón un aumento no risco de peche da planta de San Cibrao.
Dada a gravidade da situación, a dirixente dos populares lucenses manifesta que esta reunión de traballo telemática dá continuidade á rolda de contactos iniciados a través desta vía a pasada semana e que tivo por obxectivo “poñernos novamente á súa disposición e para interesarnos pola situación exacta da empresa”. Neste senso, dende o PP “voltamos a pedir alto e claro que o Goberno ten que actuar para darlle unha solución e, como primeira medida, pedimos que convoque xa a mesa de enerxía”, apunta a presidenta do PP, quen tamén lles adiantou que apoian a demanda de que a empresa paralice a medida de pechar as cubas, así como a petición dunha reunión conxunta coa Xunta de Galicia “para artellar unha estratexia que axude ao mantemento da produción e dos empregos existentes”.
Preocupación constante
A presidenta provincial, xunto aos deputados nacionais, Jaime De Olano e Joaquín García Díez, xa expresou en días pasados a súa preocupación pola crítica situación de Alcoa que se agrava aínda máis coa crise do coronavirus que derivou na indicada redución da demanda de aluminio e coa falta de aprobación dun estatuto electrointensivo que estableza unhas condicións de produción que garanta a viabilidade da planta mariñá.
A este respecto, dende o PP denuncian que o Goberno leva practicamente dous anos “dándolle esquinazo” á única planta de aluminio primario de España da que dependen 5.000 familias da comarca mariñá; motivo polo cal tamén trasladarán as demandas do comité no vindeiro Pleno da Deputación, a través dunha iniciativa que defenderá o Grupo Provincial Popular.
“Nestes momentos en que estamos nunha crise económica e de emprego moi importante por mor da situación sanitaria do país, faise máis necesario ca nunca darlle solución á maior industria da provincia, xeradora de miles de postos de traballo directos e indirectos”, conclúe a dirixente popular.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



