
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, comparecerá a petición propia no Pleno para abordar a situación do sector lácteo e as últimas medidas propostas a nivel europeo, estatal e autonómico para este sector. No Pazo do Hórreo.
foto xoán crespo
15/09/15
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2020. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o conselleiro do Medio Rural, José González, veñen de remitir unha carta ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, na que reclaman diferentes medidas fiscais de apoio ao sector primario, de aplicación inmediata, para facer fronte ás dificultades que se lle presentan no actual estado de alarma polo coronavirus.
Na misiva ambos conselleiros comezan amosando, dende a lealdade institucional, o apoio ás diferentes medidas adoptadas polo Goberno central, pero reclamando ao tempo a necesidade de contar coas comunidades autónomas no seu deseño e aplicación. Así, proponse que “de agora en diante” este tipo de decisións sexan previamente comentadas e consensuadas coas autonomías, de cara a unha mellor adecuación ás características de cada territorio.
En relación coas devanditas medidas fiscais, os conselleiros fan especial fincapé en dúas. En primeiro lugar, a suspensión da presentación de autoliquidacións de impostos que teñan uns prazos de vixencia que venzan durante o estado de alarma, en especial o IVE, para todos os operadores do sector primario. Así, demandan que se suspendan as autoliquidacións por este imposto, correspondentes ao primeiro trimestre de 2020, e que teñen como prazo límite o 20 deste mes. E engaden que esta suspensión “debería manterse cando menos ata o 20 de xullo”, data da presentación das autoliquidacións do segundo trimestre.
Devolucións do IVE
En segundo termo, os representantes da Xunta reclaman axilizar as devolucións pendentes aos autónomos e empresas do sector primario polo IVE, tanto as de exercicios anteriores como aos dos períodos do 2020 anteriores á declaración do estado de alarma. Os conselleiros lembran, neste sentido, que as dúas medidas fiscais xa foron tamén demandadas polo propio presidente do Executivo galego ao seu homólogo do Goberno central, en referencia ao conxunto dos sectores produtivos. Recordan, así mesmo, que Galicia xa suspendeu os prazos de presentación de autoliquidacións dos principais impostos autonómicos ata o vindeiro 30 de xuño ou ata un mes despois da finalización do estado de alarma.
No escrito advírtese que esta suspensión, para pemes e autónomos, aliviaría boa parte do problema no sector primario e ademais considérase que sería asumible polo Estado e evitaría custos administrativos difíciles de cumprir na situación de confinamento. Por outra banda, permitiríalles manter liquidez sen necesidade de acudir ao endebedamento bancario.
Por último, ambos conselleiros propoñen que as devolucións do IVE se fagan neste mes de abril, xa que esta medida podería dar liquidez ás empresas galegas por un importe estimado de arredor de 400 millóns de euros. Considérase ademais que só en ramas de actividade como as conserveiras ou a industria de elaborados conxelados da nosa comunidade, estas devolucións de IVE pendentes poderían superar os 30 millóns de euros.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



