A Coruña, 24 de abril de 2020. O portavoz de Galicia en Común- Anova Mareas, Antón Gómez Reino, advertíu hoxe que ningunha operación financieira sobre as antigas plantas de Alcoa en A Coruña e Avilés “pode afectar á súa viabilidade nin moito menos ás condicións laborais nin ás nóminas dos traballarores”.
Gómez Reino referiuse á venda das dúas fábricas ao Grupo Risco, un fondo de investimento con sede en Ucrania, por parte do fondo suizo Parter Capital, quen as adquiríu en decembro pasado á multinacional Alcoa.
Naquel acordo de compra entre Alcoa e Parter Capital figuraba a garantía na continuidade do emprego e na actividade nas factorías por alomenos dous anos.
Gómez Reino considera tamén que é urxente que se convoque, o máis axiña posible, a Comisión de Seguemento que se constituíu trala primeira operación de venda, na que están representados os traballadores, as administracións autonómicas galega e asturiana e o Ministerio de Industria.
“Temos que garantir a continuidade da actividade da planta, e non imos permitir que os intereses financieiros de ningún grupo de investimento poñan en perigo os postos de traballo nas factorías da antiga Alcoa”, concluiu Gómez Reino.