Compostela, 11 de abril de 2020. O portavoz de Galicia en Común- Anova Mareas, Antón Gómez Reino, insistiu hoxe na necesidade de que a Xunta interveña e medicalice de inmediato todas as residencias de maiores de Galicia, e avogou por unha completa reformulación do sistema asistencial deseñado pola Xunta cando conclúa a emerxencia sanitaria provocada pola epidemia de Covid-19.
“Hoxe é hora de salvar vidas. Pero mañá será ou momento de acabar co modelo de recortes e privatizacións nos programas de asistencia ás persoas da terceira idade en Galicia”, dixo.
Gómez Reino lembrou que ese modelo, que comezou a implantarse no ano 2009 coa chegada de Feijóo ao Goberno da Xunta, “permitiu que un puñado de empresas privadas fixeran e sigan a facer negocio co diñeiro público a conta do benestar dos nosos maiores”. “Ese modelo xa era nefasto en circunstancias normais, pero agora demostrouse que supón un perigo certo para ao vida e a saúde dos usuarios das residencias e do persoal que as atende”, indicou.
O portavoz de Galicia en Común- Anova Mareas subliñou que a Xunta coñecía desde hai anos as deficiencias que padecen as residencias das empresas DomusVi –con 29 centros repartidos en 23 municipios galegos- e a Fundación San Rosendo –que xestiona en Galicia 45 residencias e 12 apartamentos tutelados para maiores-, sen que fixese nada por resolver nin as graves carencias de medios materiais e humanos nin os reiterados incumprimentos das condicións contractuais de xestión.
Así o recollía o Informe de Fiscalización do Gasto en Atención Residencial a Persoas Maiores e Dependentes elaborado polo Consello de Contas e aprobado en maio o 2018, e así o puxeron de manifesto entidades como REDE, a Federación Galega de Usuarios e Familiares de Residencias e Dependencia, e familias e particulares que mesmo chegaron a denunciar na Fiscalía o “trato inhumano” que dispensan esas empresas aos anciáns confinados nalgunhas das súas residencias.
“O importante agora é asegurar a vida e a saúde de usuarios e traballadores intervindo as residencias e dotándoas dos medios que precisan. Pero cando todo isto termine, teremos que desmontar este sistema e construír un modelo asistencial que blinde a saúde e o benestar dos nosos maiores desde a xestión pública. Quen puxo en marcha os recortes e as privatizacións terán que render contas da súa actuación, e Feijóo non pode eludir a súa responsabilidade”, concluíu.
Pola súa parte, Martiño Noriega reclamoulle hoxe ao PSdG e ao alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, “que lle esixan oficialmente a Feijóo que interveña as dúas residencias de maiores que a empresa DomusVi xestiona na capital de Galicia”. Para Noriega, “non se pode seguir calado, mentres as traballadoras e as familias denuncian a falta de medios e as condicións nas que se atopan as persoas residentes”. Interpelando directamente para que “non sexan cómplices de Feijóo porque non hai que confundir a lealdade coa submisión” e aínda menos cando “o número de afectados pola Covid-19 non deixa de medrar nestas residencias”.
Noriega concluíu tamén resaltando que haberá que buscar os motivos para a demora e reticencias de Feijóo na medicalización e intervención destas residencias DomusVi, manifestando que “non queremos pensar, a pesar das hemerotecas, que tras a decisión de non intervir pode haber algún condicionante pola relación que a conselleira delegada de DomusVi, Josefina Fernández, mantén con altos cargos do PPdG e do goberno galego”. “Non queremos pensar que este tipo de condicionantes poidan opacar unha decisión necesaria, urxente e de saúde pública”.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



