Burela, 15 de abril de 2020. O alcalde, Alfredo Llano, amósase contento de que os 16 tripulantes do barco Carla, de bandeira francesa e armador asturiano, que leva uns días atracado no porto burelés, deran negativo no último test do Covid-19 que lles foi practicado. A tripulación deberá estar en corentena ata o 29 de abril. O rexedor explica que serán as autoridades sanitarias internacionais as que decidirán si lle permiten ao barco saír de Burela rumbo a alta mar e así prepararse para faenar. Tanto a tripulación como o Concello están moi pendentes do ditame que se poida emitir.
Alfredo Llano declarou que “estes días estivemos moi atentos ao que ocorría nun barco con bandeira francesa, cuxos propietarios son asturianos, e que ven descargar moitas veces ao noso porto, por iso son coñecidos e por iso viñeron agora. Neste barco fixeron as probas a toda a tripulación para ver se tiña algún dos tripulantes o coronavirus, tardaban cinco días en darlles a resposta, entenderon que podían marchar facer a faena e ao pouco tempo chamáronos porque un deles dera positivo. Viñeron outra vez para o porto de Burela, aí fíxose un seguimento a través das autoridades sanitarias, fixéronse as probas para ver se algún estaba afectado polo coronavirus e deron os 16 tripulantes negativo, incluído o que se sospeitaba que era positivo. Iso foi unha alegría grande”.
O alcalde burelés sinalou que “agora mesmo, aínda que deran negativo, hai que agardar unha corentena que foi enmarcada desde o 15 ao 29 deste mes de abril. A corentena poden facela no barco ou nos propios domicilios, pero a tripulación non é soamente asturiana ou galega senón que hai portugueses, etc. O propio capitán do barco dixo que o mellor sería marchar do porto de Burela e facer a corentena na embarcación. É unha forma de garantir que non haxa máis contaxios, pero a súa proposta ten que ser ratificada por Capitanía Marítima que pide un informe de saúde con todas as probas que se fixeron aquí e os resultados, a ver se acceden a deixarlles ir a augas francesas. Este barco ten un lugar onde vai pescar que está a 80 millas de Francia e a 80 millas de España, o que favorece que poidan desprazarse rapidamente a un porto por se houbera algunha cuestión de saúde que lles preocupara. Polo tanto están agora mesmo nesta fase. Por esa razón estase agardando o resultado de saúde internacional para decidir unha postura que vaia máis acorde coas pretensións que ten o capitán. Niso están”.
O rexedor agarda que “non tarden moito en decidir, que saia todo ben e, desde logo, estamos todos contentos de que agora mesmo os 16 tripulantes estean perfectamente para seguir a súa vida normal”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



