Santiago de Compostela, 17 de Abril 2020.- O BNG súmase á celebración dos cen venres negros para denunciar o control e manipulación do PP dos medios públicos para convertelos na súa particular canle de propaganda, e reclamar unha CRTVG ao servizo da sociedade galega, como reivindican desde hai un cento de semanas os e as profesionais de Defende a Galega, na que é a maior mobilización na historia do ente público.
“A CRTVG débese a todas as galegas e galegos que a financian con máis de 100 M€ anuais, pero o PP converteu os medios públicos na súa terminal de propaganda a base de control político e de manipulación como veñen denunciando semana a semana, desde hai cen, as traballadoras e traballadores de Defende a Galega. Control político da man do seu director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, posto a dedo en 2009 por Feixóo e perpetuado no cargo pola porta de atrás en contra do disposto na Lei de medios públicos de Galiza”, denunciou a viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil.
Un control político por parte dunha dirección que, ademais, “nega dereitos laborais impedindo de maneira obscena desde hai anos o Estatuto profesional e a creación do Consello de informativos previstos na lei”, control político que exercen “con man de ferro contra os e as profesionais que se amosaron críticas, abrindo expedientes disciplinarios e mesmo con sancións”, denuncia a deputada.
A utilización partidista dos medios públicos por parte do PP é aínda maior na situación de crise derivada da pandemia, cunha TVG convertida como nunca en Telefeixóo. “É indecente que nun contexto excepcional os medios de comunicación públicos silencien sesións parlamentarias pero dediquen horas a retransmitir as roldas de prensa presidencias, -nun mes 16 veces, 800 minutos de pantalla-, propaganda televisada para culto dun líder que se nega a comparecer no Parlamento onde reside a soberanía popular”, critica Rodil.
O BNG volve trasladar o seu recoñecemento ás traballadoras e traballadores dos medios públicos, que levan cen semanas defendendo o dereito da cidadanía galega a contar cunha radio e televisión públicas que cumpran a función para a que foron creadas.
Isto é, “facilitar unha información próxima, plural, veraz e obxectiva, un dereito fundamental que debe ser garantido en calquera circunstancia pero máis en momentos de excepcionalidade como os que estamos a vivir. A crise do coronavirus traerá moitas mudanzas, -alega Rodil-, e cando pase haberá que reflexionar tamén sobre o papel dos medios públicos, porque a saúde dunha sociedade tamén se mide en termos democráticos e a nosa, neste momento, é de baixa calidade, co Parlamento amordazado e cuns medios públicos convertidos en terminal de propaganda do PP”.
A formación nacionalista aposta por impulsar cambios que permitan des-politizar a radio e a televisión públicas, empezando pola Dirección Xeral; garantir os dereitos profesionais e laborais do seu cadro de persoal e, en definitiva, aposta por poñer os medios públicos ao servizo da sociedade galega.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



