Madrid, 28 de abril 2020. O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, mantivo esta tarde unha reunión telemática con varios representantes do sector pesqueiro da Mariña entre os que se encontraban Basilio Otero, presidente da Federación Provincial de Confrarías e da Federación Nacional de Confrarías, Eduardo Miguez, xerente de Porto de Celeiro, Miguel Neira, xerente de ABSA, Sergio López, representante da OPP-07 e Tito Sixto, presidente de Adexmar. Tamén asistiron por parte do BNG a responsábel comarcal e alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, o tenente alcalde de Foz, Francisco Xavier Fanego, o responsábel de política municipal e organización, Antonio Veiga, a portavoz municipal en Viveiro, Miriam Bermúdez e o portavoz municipal de Burela, Mario Pillado.
O BNG recolleu a profunda preocupación do sector pesqueiro polo descenso da venda de peixe e a gran caída dos prezos como consecuencia da redución da demanda, especialmente polo cesamento da actividade na hostalaría e restauración. Isto incide na redución dos ingresos, mesmo dos barcos que mantiveron a actividade por ser considerada esencial, polo que o sector reclama medidas de apoio e axudas polo lucro cesante que compensen esas perdas.
Entre as primeiras, consideran fundamental o fomento do consumo dos produtos do mar, frescos e saudábeis, unha proposta que partilla enteiramente o BNG. “É necesario que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Xunta da Galiza se comprometan a realizar campañas que favorezan o consumo de peixe fresco” apuntaba Rego.
Ademais, o deputado nacionalista solicitará ao Goberno do Estado a atención ás reclamacións do sector e especificamente as modificacións que foren necesarias para que sexan de aplicación o uso dos fondos da Unión Europea, como o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca), para que persoas afectadas pola crise xerada como consecuencia da emerxencia sanitaria poidan percibir axudas que lles permitan sobrevivir e garantir os seus dereitos como profesionais do mar, até que se se dean as condicións para desenvolver a actividade con normalidade.
Por outra parte, o BNG solicitará que se resolvan canto antes as dificultades actuais para o traslado de tripulacións. Tamén trasladará a petición do sector de declarar os pescadores como un colectivo sensíbel e solicitará medidas de protección e seguridade como abastecemento de tests de detección da COVID-19, “necesarios para poder embarcar con garantía e para poder realizar os relevos nas frotas que se encontran ou teñen que entrar a porto en terceiros países” explicou Rego.
“É fundamental que os barcos vaian equipados de máscaras, luvas e termómetros, ao ser material necesario para intentar garantir que non haxa contaxios nas frotas que operan en caladoiros afastados en que os tripulantes están maior tempo confinados e sen posibilidade de asistencia médica inmediata” apuntaba o deputado, que pedirá que se adopten as medidas e creación de mecanismos necesarios para garantir a asistencia médica e as repatriacións dos eventuais casos de contaxio abordo.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



