Viveiro, 28 de abril, 2020. Dada a difícil situación actual que están a vivir milleiros de veciñas e veciños de Viveiro, o BNG cre máis que nunca necesario, que o Goberno Municipal do PSOE reconsidere a súa postura de rexeitamento do Plan de Pago Personalizado de Impostos Municipais defendido pola portavoz municipal do BNG no pleno do mes de novembro de 2019, na que se estabelecía unha flexibilización no pago dos impostos municipais, con bonificación incluída, a través dun plan personalizado das cotas municipais en pagos mensuais, bimestrais, trimestrais, semestrais ou anual. Un Plan ao que se podía adherir as veciñas, veciños e empresas de xeito voluntario. Trátase en definitiva, afirma Miriam Bermúdez, “dun Plan tributario á carta que pode contribuír a que a veciñanza chegue máis aliviada a fin de mes, ademáis de evitar ter que solicitar aprazamentos ou fraccionamentos das súas débedas tributarias, o que suporía pagar un recibo máis abultado debido ao abono de intereses”, e asegura a nacionalista que “este Plan Tributario é un instrumento legal que daría a máxima facilidade posíbel á veciñanza para pagar as obrigas tributarias da facenda local e podendo decidir cada veciñx ou empresa os prazos e as cantidades que mellor se axustasen ás súas necesidades.
A Portavoz municipal do BNG pídelle a María Loureiro “que rectifique a postura do seu goberno e leve ao vindeiro pleno municipal dos orzamentos 2020, xunto coa aprobación dun Plan de reactivación da actividade económica, social e comercial, a aprobación deste Plan de Pago Personalizado de Tributos municipais. Equivocarse é humano e rectificar de sabi@s, pois é nestes momentos de crise onde máis se ve a necesidade e o acerto de implementar este Plan tributario á carta, que suporía tamén unha ferramenta máis de axuda para aquelas empresas e negocios de Viveiro que están a sufrir nestes momentos unha merma importantísima nos seus ingresos.
A formación nacionalista está convencida que co deseño e posta en marcha deste Plan de pago, no que se estabelecía unha bonificación do 3% na cota íntegra dos impostos, conseguiríase un impacto positivo tanto sobre a Facenda Municipal, que contaría con maior liquidez a corto prazo, como sobre xs veciñxs e empresas con obrigas tributarias que verían reducida a contía final cun 3% de desconto, pagos tales como, entre outros, o IBI, IAE, IVTM, taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo e RSU.
Por outra banda, o BNG de Viveiro, ante a negativa da rexidora municipal a aceptar manter unha xuntanza con tod@s @s voceir@s da corporación e a Intervención municipal, vén de rexistrar un escrito dirixido ao servizo de intervención municipal ao obxecto de solicitarlle información sobre datos presupostarios e tributarios para poder valorar a situación económica na que se atopa o Concello, os recursos cos que conta e cal é a súa capacidade económica e financeira para poder apoiar ao tecido empresarial e social viveirense, que teñen que afrontar un complicado, duro e incerto contexto socioeconómico nos vindeiros meses, e poder así @s nacionalistas propoñer medidas específicas para desenvolver un Plan municipal de reacticación económica co fin de rebaixar, na medida do posible, o impacto da crise sanitaria da Covid19.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



