Cervo, 17 de abril de 2020. O Concello de Cervo, a través da delegación de Sanidade e Medio Ambiente, que dirixe Mali Méndez, realiza un traballo exhaustivo de desinfección de todos os colectores do termo municipal.
Tal e como explica Méndez, desde o mesmo inicio da crise sanitaria, vai máis dun mes, entendemos que era fundamental priorizar estas tarefas de desinfección nas zonas especialmente sensibles de uso compartido pola veciñanza como son os diferentes colectores instalados en todo o termo municipal. En concreto, téñense contabilizados e xeolocalizados 545 colectores verdes (de materia orgánica e fracción resto), 179 amarelos (envases, latas…), 44 azuis (papel), 12 vermellos (aceite), e 45 de vidro.
Estas tarefas, a base dunha solución de hipoclorito, esténdense tamén ás papeleiras, a todo o mobiliario urbano e espazos públicos tanto nas zonas rurais como urbanas do municipio.
A edil recorda ademais que se están a realizar estes traballos diariamente nos accesos, e nas inmediacións na unidade residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, do Centro de Día Residencia, e dos centros de saúde de Cervo e San Ciprián.
Desde o Concello de Cervo tamén se editou unha guía para o tratamento dos refugallos dirixida tanto aos fogares con enfermos de COVID-19 ou en corentena, como para aqueles sen positivos, que está dispoñible na redes sociais municipais.
No documento, de maneira gráfica, explícase, como hai que separar os residuos do paciente, o material do coidador e os refugallos domésticos; introducindo na bolsa 1 os restos do enfermo; na bolsa 2 iría a bolsa 1 e o material do coidador; e nunha terceira bolsa introduciríanse a bolsa 2 e os refugallos domésticos; esta terceira bolsa tería que ser depositada no contedor de fracción resto.
Así mesmo, nos fogares nos que non hai detectado ningún caso de coronavirus nin en corentena, os refugallos eliminaranse da maneira habitual. Tamén se recorda que as luvas non son envases e polo tanto deben botarse tamén no contedor de fracción resto; non no amarelo.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



