Foz, 1 de abril de 2020. A Delegación de Educación e Cultura do Concello de Foz deu a coñecer hoxe, mércores, os premiados nos concursos on line de fotografía, poesía e debuxo convocados a semana pasada e que contaron con cerca de cen participantes.
Despois de rematar onte, martes, o prazo para o envío dos traballos o concelleiro de Educación e Cultura, Héctor Moris, destaca a gran participación nos certames e agradece a colaboración da empresa focense Xaora Fotógrafos por doar os premios do concurso de fotografía.
O listado de premiados é o seguinte:
POESÍA ADULTOS:
María Victoria Varela Varela.
POESÍA INFANTIL:
1-Alina Rodríguez Dorrego.
2-Pablo García Martínez.
FOTOGRAFÍA ADULTOS:
1-Manuel Pardo.
2-Julio López Janeiro.
FOTOGRAFÍA JUVENIL:
1-Antón Ramos Blanco.
2-Daniela Ramos Manfugás.
FOTOGRAFÍA INFANTIL:
1-Martiño Álvarez Alonso.
2- Lara e Lucía González Torres.
DEBUXO BACHARELATO:
1-David López Lapeña.
2- David López Lapeña.
3-Andrea Chao García.
DEBUXO ESO:
1-Lucía Rocha Fernández.
2-Lucía Rocha Fernández.
3- Celia Fanego Fernández.
DEBUXO 2º CICLO PRIMARIA:
1-Marta Chao García.
2-Olalla Rodríguez Fraga.
3- Sara Yu Valmayor Sánchez.
DEBUXO 1º CICLO DE PRIMARIA:
1.-Paula Campo López.
2.-Adrián Méndez Rodríguez.
3.-Martina Paleo Segade.
DEBUXO INFANTIL:
1.-Martín Méndez Rodríguez.
2.-Elías Villamil Fernández.
3.-Vera García Rodríguez.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



