Foz, 17 de abril de 2020. Os estudantes de Foz en situación de vulnerabilidade terán conexión gratuíta a internet ata final de curso. Acaba de anuncialo o alcalde focense, Fran Cajoto.
O rexedor municipal explica que “a empresa de telecomunicacións Adamo en colaboración co Concello de Foz ofrece conexión gratuíta a internet ata final de curso a todos aqueles estudantes en situación de vulnerabilidade que carezan dela. É unha gran iniciativa que permitirá a aqueles estudantes que carecían de dita conexión poder seguir o curso en igualdade de condicións. Fará menor esa brecha dixital que, como ben dixo a ministra Celaá, é una brecha social”.
Fran Cajoto engade que “en coordinación cos centros, o Concello xa levaba tempo recabando información sobre o número e cales son as necesidades a nivel educativo, xa que este curso vaise realizar on line, o cal faría que un número importante de alumnos non puidesen rematalo en igualdade de condicións. O Concello, na súa web e en estreito traballo cos centros educativos, tramitará esas solicitudes, que serán recollidas nas oficinas do Concello para realizar a súa tramitación”.
Impresión de material educativo
Ademais o Concello de Foz procederá a impresión de material educativo a aquelas familias que así o precisen. Estas solicitudes deben remitirse a dirección de correo electrónico imprimir@concellodefoz.es, indicando o nome e a dirección na que debe ser entregado dito material así como o arquivo que desexan que se lles imprima.
O Concello tamén está a repartir o material que os centros educativos lle están indicando nos domicilios dos estudantes para que poidan así seguir cos seus estudos.
O alcalde focense destaca que “para este goberno municipal a educación é un dos seus eixos fundamentais xa que a consideran unha peza fundamental no desenvolvemento dunha sociedade. Este goberno é consciente de que esta iniciativa de Adamo se limita ás zonas nas que xa está implantada dita empresa, aínda que é intención deste goberno que a fibra se estenda a todo o territorio do municipio”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



