Lugo, 18 de abril, 2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), así como o resto de Asociacións do sector de hostalería do territorio nacional, en coordinación coa Confederación Empresarial de Hostelería de España (CEHE) e a Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT), traballa xa na creación dun selo de garantía sanitaria que certifique a seguridade dos seus traballadores, os seus visitantes e clientes.
A saída progresiva deste estado de alarma provocado polo coronavirus Covid-19 é agora una das principais preocupacións das Asociacións do sector. Pois segundo indica o presidente de Apehl, Cheché Real, “dentro dun mes ou mes e medio, máis ou menos, poderemos abrir as nosas portas, pero teremos que adoptar medidas de seguridade que antes non adoptabamos; porque a saúde de todos os usuarios e traballadores debe primar nestes momentos”.
Este selo marcaría aos establecementos de hostalería, hoteis, restaurantes, cafeterías, bares, casas rurais etc., que o obteñan, como espazos libres de Covid-19 co fin de dar confianza a todas as persoas que nel se dean cita, ben sexan traballadores ou clientes, de que poden gozar dun establecemento seguro.
O certificado crearase en colaboración coas autoridades sanitarias e proporase tanto ao Goberno Central como ás CC. AA. Con todas estas entidades decidirase se o selo será común e único para todo o país ou haberá diversificación da marca en función das peculiaridades sanitarias, turísticas e hostaleiras de cada comunidade.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



