Burela, a 16 de abril de 2020. O Grupo Municipal Popular reitera a necesidade de “aplicar as medidas económicas e sociais que solicitamos por escrito xa no pasado mes de marzo” porque “os autónomos e pequenas empresas o que queren son solucións, é dicir, medidas concretas”.
Así o manifestan dende o PP local ante “as declaracións do señor Llano anunciando a posta en marcha dun servizo municipal de asesoramento a autónomos e pequenas empresas ante a crise que estamos a vivir” que consideran “un xesto, unicamente, de cara á galería”. Para os populares “o que quere o tecido económico da nosa vila é que o alcalde e o seu goberno poñan en marcha liñas de axudas económicas como están facendo noutros concellos coma Lugo, Riotorto ou Ribadeo”.
Medidas concretas
A proposta rexistrada por escrito polos populares inclúe “exonerar do pago de diversas taxas aos autónomos e empresarios afectados pola crise (lixo, auga, terrazas, …), adiar ou fraccionar o pago de diversos impostos municipais (IBI,…) e ampliar un fondo de continxencia de axudas sociais que actualmente está dotado tan só con 17.500 euros; ademais de aplicalo de forma inmediata”.
Neste sentido, os populares de Burela lamentan que “a xestión do goberno local socialista en relación ás medidas económicas para contribuír a paliar a crise que están a sufrir os autónomos e pequenas empresas está a ser inexistente”. E critican que “o único que fai o alcalde é demorar a toma de decisións, tanto que pasou por alto as nosas propostas na comisión de seguimento da crise xa hai máis dun mes”.
“A situación require a unidade de tódalas forzas da corporación”
Dende o PP burelés afirman tamén que “a información que se nos traslada é a que nós solicitamos, formalmente e por escrito; non a que debería de saír da boa disposición informativa do alcalde Llano e do seu equipo de goberno nunha situación coma esta, na que cremos que se debería buscar a unidade de tódalas formacións presentes na corporación”.
Tal é así que, “co gallo de que se ía a buscar unha fórmula telemática para levar a cabo as reunións de seguimento da crise, seguindo criterios de seguridade, non se levou a cabo ningunha nestas últimas tres semanas. Dá a sensación de que era para non informar aos partidos da oposición”, segundo cren dende a formación popular. En cambio, “a semana pasada e sen aviso, si se produciu unha reunión presencial entre membros do Concello e de parte dos sectores socio-sanitarios da nosa vila; unha iniciativa que, por outro lado, demandamos dende o PP dende o primeiro día”, sentencian.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



