A Fonsagrada, 9 de abril de 2020. A Secretaria Provincial do PSOE Lucense, Patricia Otero esixiu hoxe “luz e taquígrafos sobre a situación de abandono que sufriron os usuarios e usuarios das Vivendas Comunitarias Buron I e II da Fonsagrada”.
Otero avanzou que “foi o ropio do Concello da Fonsagrada a través da Traballadora Social quen enviou dous comunicados á Consellería de Política Social para alertar da situación que sufrían os usuarios destas dependencias privadas. Nesa liña lembra que “o primeiro comunicado enviouse á Xunta de Galicia o día 9 de marzo, e o segundo o dia 7 de abril, neste último envío tamén se enviou un escrito á Fiscalía quen abriu dilixencias”, advertiu.
A Secretaria Provincial preguntase “porqué á Xunta de Galicia non actuou cando recibiu a primeira notificación do Concello o pasado 9 de marzo?.” E remarca que “gracias ao traballo que realizaron os servizos sociais do Concello puido destaparse esta situación de neglixencia que sufrían os maiores destes centros privados, comunicando ao servizo de Inspección de Maiores da Consellería de Política Social o abandono que padecían os usuarios”.
Patricia Otero emprazou á Valedora a que “tome medidas neste asunto para protexer aos internos destas residencias, máxime nesta situación que vivimos polo Covid-19. É a poboación máis vulnerable e a que ten menos mecanismos para defenderse”, explicou. Nesa liña demandou á Xunta “mais inspeccións e máis controis nas residencias de maiores”.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



