Santiago de Compostela, 27 de Abril 2020. O PSdeG-PSOE, Galicia en Común-Anova Mareas, o Bloque Nacionalista Galego e Grupo Mixto formulan unha proposta conxunta de funcionamento do Parlamento a través da Deputación Permanente estruturada en dúas etapas que inclúe os seguintes puntos.
1.- Funcionamento da Deputación Permanente durante a situación de estado de alarma e emerxencia sanitaria:
1.1. A Deputación Permanente manterá unha reunión semanal.
1.2. O Presidente da Xunta de Galicia comparecerá en todas as reunións que se celebren.
1.3. En cada reunión da Deputación Permanente comparecerá un conselleiro ou unha conselleira do Goberno da Xunta, que se decidirá por acordo dos grupos parlamentarios.
1.4. Cada grupo parlamentario poderá presentar unha proposición non de lei.
2.- Funcionamento superada a situación de estado de alarma e de emerxencia sanitaria e ata a celebración de novas eleccións. Unha vez determinada a duración desta situación establecerase o número de iniciativas totais, mantendo os criterios de proporcionalidade no reparto de iniciativas que para cada período de sesións se viña utilizando. Para esta segunda fase, a proposta das forzas parlamentarias é a seguinte:
2.1. A Deputación Permanente manterá unha reunión semanal.
2.2. Cada quince días a orde do día incluirá preguntas ao Presidente da Xunta seguindo o esquema establecido para os plenos. Cando non haxa preguntas ao Presidente, haberá unha comparecencia.
2.3. En cada sesión haberá tres interpelacións, que darán lugar ás mocións
correspondentes na seguinte reunión da Deputación Permanente.
2.4. Cada grupo parlamentario poderá presentar unha proposición non de lei.
2.5. En cada sesión haberá nove preguntas ao Goberno que se distribuirán entre os grupos conforme aos criterios establecidos para os períodos ordinarios.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



