
mde
Alfoz, 27 de abril, 2020. Nas últimas datas, moitos foron os anuncios de diferentes administracións respecto ao reparto de máscaras entre a poboación. Desde Via Alfoz consideran que “non se debera facer política co reparto de máscaras” reprobando o afán propagandístico que existe desde as diferentes administracións e indicando que “sería despreciable que se pensase mais nos réditos políticos que na saúde das persoas” e nese sentido tenden a man a apoiar e colaborar con calquera iniciativa “veña de onde veña”.
Respecto ao reparto de máscaras que se realizará en Alfoz entre empresas e autónomos, consideran que a medida se debería estender a toda a poboación en xeral, polo que esperan que se volvan a convocar sesións plenarias nas que poder levar a iniciativa. Desde a Dirección Executiva de Via consideran que “algúns colectivos e industrias xa recibiron máscaras por outros medios, mentres que o resto da poboación apenas ten acceso a elas pola falta de subministro nas farmacias”. Co reparto de máscaras a toda a poboación tamén queren evitar que “se caia na tentación de repartilas de xeito discrecional”.
Desde Via Alfoz agradecen, por outra parte, o honorable traballo, “na sombra e sen propaganda”, de varios voluntarios e voluntarias alfocenses que levan a cabo varias iniciativas solidarias fabricando máscaras e pantallas para diferentes colectivos.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



