Lugo, 4 de maio, 2020. Dende a Federación FAPACEL queremos manifestar a nosa preocupación polo desenvolvemento deste último trimestre do curso e das fases da desescalada.
Levamos seis semanas de confinamento e aínda hoxe nos chegan queixas das
familias pola falta de organización no que queda do curso e a incerteza ante o comezo do vindeiro curso.
Se ben as instrucións saíron publicadas o día 28 de abril de 2020, seguimos a ter os mesmos problemas que ao inicio do estado de alarma, aos que hai que engadir a incerteza das familias do alumnado que se vaian incorporar aos centros na segunda fase da desescalada.
Segue a haber unha falta de organización nas tarefas dos/as alumnos/as; non se está a ter en conta a dificultade que supón conseguir material escolar,nin tan sequera fotocopias nestas circunstancias de illamento .
Tamén vemos como isto está a supor un esforzo económico que non todas as
familias poden asumir nestes momentos.
Seguimos a ter unha dependencia física dos libros de texto que quedaron nos pupitres e que, a estas alturas e coas ferramentas que proporciona a consellería aos docentes, xa debía estar solventada.
A fenda dixital segue aí, a falta de material tecnolóxico para os/as alumnos/as únese a falta de formación nesa competencia de toda a comunidade educativa, incluíndo ás nais e pais que estamos a facer de profesores/as ás veces con pouco éxito.
Engadimos a todo isto a falta de información sobre como se van desenvolver as fases da desescalada en materia educativa.
Permítese na “fase 2” a reapertura dos colexios na última semana de maio para actividades de reforzo, para preparar as ABAU e para conciliar, pero en que condicións?
Solicitamos que nos aclaren as seguintes cuestións:
Como se vai manter a desinfección dos centros nas condicións adecuadas? Con que persoal?
Vanse colocar xa os dispensadores de desinfectantes para as mans?
Hai máscaras para os/as nenos/as, profesores/as e traballadores/as dos
centros?
Vanse desdobrar as clases para manter a distancia de seguridade? E haberá os profesores/as necesarios/as para eses desdobres?
Nos transportes escolares,como teñen previsto manter as distancias?
Hai protocolos de limpeza deses transportes?
Van cambiar os horarios dos centros para poder organizar todo isto?
Cara ao comezo do próximo curso, vaise preparar un plan de dixitalización do sistema educativo que garanta que todos/as alumnos/as estean en condicións de acceder a el e non haxa posibilidade de deixar a ninguén atrás?
Vai haber o profesorado de apoio necesario para os/as alumnos/as de
necesidades específicas e para a atención á diversidade?
Queda menos dun mes. Realmente é aconsellable voltar ás aulas con todas estas incógnitas no aire?
Isabel Calvete Carrera
Presidenta de Fapacel




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



