Lugo, 13 de maio de 2020. A Xunta de Galicia presentou hoxe nunha xornada vía web o Plan de Reactivación do sector turístico fronte ao coronavirus, que contempla medidas transversais orientadas a xerar confianza nos consumidores, recuperar a actividade e afianzar o emprego.
O plan prevé un orzamento de 27 millóns de euros, deles 10,2 millóns de investimento cultural, 11 millóns para o turismo e 5,6 millóns para o Xacobeo, distribuídos en medio cento de iniciativas, das que unha trintena son específicas para o turismo.
A xornada foi seguida por máis de 200 profesionais e contou coa participación do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director do Igape, Juan Cividanes, acompañados polo presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, Cheché Real.
O delegado territorial lembrou que o escenario anterior á crise sanitaria invitaba a manter altas expectativas na provincia, baseadas nos bos resultados de 2019 e no efecto do Xacobeo do 2021, e incidiu na necesidade de adaptarse ao novo contexto para poder aproveitar ambos factores.
Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro destacou o papel que a provincia de Lugo poderá ter na recuperación turística de Galicia ao contar con recursos como a súa gastronomía ou natureza, claves no novo escenario.
Recordando que gran parte das medidas previstas entrarán en vigor este mes de maio, indicou que un dos principais obxectivos é facer de Lugo en particular, e de toda Galicia en xeral, un destino seguro que xere confianza entre os futuros turistas e dea garantías tamén aos residentes. Por iso, apoiaranse medidas hixiénico-sanitarias para os establecementos turísticos; reformularase a estratexia de promoción adaptada a este novo contexto sanitario; promoverase un programa de consultoría e asesoramento para as empresas turísticas, fomentarase a formación ao sector e se promoverá o turismo interno e de proximidade.
Impulso ao Ano Santo
O plan prevé, ademais, que o Xacobeo 2021 funcione tamén como estímulo da actividade e do consumo para impulsar ás industrias cultura e turística, algo especialmente importante para a provincia de Lugo, con fonda pegada xacobea.
A aprobación deste plan aliñase coas medidas transversais impulsadas polo Goberno galego para a reactivación da actividade económica tras a crise sanitaria.
Nese sentido, o director do Igape, Juan Cividanes, explicou na súa intervención que a Xunta traballa por minimizar o impacto da crise no conxunto empresarial poñendo en marcha medidas que facilitan a reactivación da actividade de pemes e autónomos, acompañándoos con respostas urxentes que permitan facer fronte ás súas necesidades.
Cividanes destacou que, tanto as novas liñas de axudas como os programas que se están a reforzar inciden en apoiar a liquidez dos colectivos empresariais máis vulnerables e os traballadores e promoven a dixitalización como unha das claves do novo entorno económico, ao tempo que inciden en garantir a confianza e a seguridade dos consumidores.
Entre os programas xa activados atópase a liña de préstamos sen intereses destinados a autónomos e pemes e os anticipos a traballadores afectados por un ERTE.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



