Barreiros, 06 de maio de 2020. O Concello de Barreiros vén de emitir unha declaración institucional adoptada a raíz do acordo unánime dos grupos da corporación de apoio ao cadro de persoal das empresas auxiliares de Alcoa que se atopa sometido a un ERTE a raíz da decisión da multinacional de paralizar o proceso de rebrascaxe de cubas.
A alcaldesa vén de asinar unha declaración acordada polos tres grupos políticos da corporación na que trasladan o apoio explícito ao persoal afectado polo ERTE e fai súas as reivindicacións trasladadas pola plataforma coordinadora das empresas auxiliares de Alcoa.
Nese sentido, Ana Ermida explicou que tras a solicitude da plataforma de tomar acordos plenarios dos concellos para trasladar o apoio ao persoal afectado polo ERTE e reclamar o mantemento da totalidade de postos de traballo en Alcoa e auxiliares e debido a que non hai prevista a realización eminente de ningún pleno en Barreiros, contactou coas portavocías municipais para trasladarlles a demanda da plataforma.
Por unanimidade dos tres grupos da corporación, acordaron unha declaración institucional de apoio explícito ao persoal afectado polos ERTES na que, ademais, fan súas as reivindicacións trasladadas pola plataforma de auxiliares.
Así, o Concello de Barreiros amosa o rexeitamento á medida anunciada por Alcoa de non rebrascar as cubas, polas consecuencias directas no emprego que supón.
Igualmente, solicita a mediación da Xunta de Galicia para evitar que sexa efectiva a decisión da multinacional e para que se busque unha solución para que non paren as cubas, así como para que ningún traballador/a de empresas auxiliares perda o seu posto de traballo. Ao tempo que solicita ao Goberno Central a súa inmediata intervención para que a multinacional non deixe morrer a factoría de San Cibrao e recupere o 100% da actividade, evitando a destrución de postos de traballo.
Dita declaración será ratificada no vindeiro pleno que celebre a corporación barreirense.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



