Xove , 25 de maio de 2020. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar na plataforma Contratos de Galicia a adxudicación da rehabilitación enerxética do CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán, en Xove, por un importe de 670.148,82 euros.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos estarán centrados na mellora da eficiencia enerxética do colexio, así como en garantir unha mellor funcionalidade e confort para o alumando e profesorado. Para iso están programadas obras tanto no exterior como no interior do edificio.
Así na fachada, instalarase un novo illamento exterior continuo tipo SATE de poliestireno expandido EPS e na cuberta, sobre forxado horizontal ou nos falsos teitos, lá de roca. Ademais renovaranse as fiestras por unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre, e colocaranse tamén novas persianas de aluminio (coas súas caixas e mecanismos de accionamiento) inxectadas con espuma de poliuretano para mellora do seu illamento térmico. Procederase tamén á instalación de luminarias de alta eficiencia enerxética.
“Todas estas medidas combinadas supoñen” –segundo explicou o delegado- “un aforro enerxético anual do 35,2% en consumo de enerxía primaria e do 38,0 % en emisións de CO2”
Por outra banda, xa no interior do colexio acometerase a reparación e pintado de teitos e paredes, así como diversos traballos de decoración e acabado e reparacións varias en cubertas e instalacións, o que implicará a renovación e modernización integral de todos os espazos.
Segundo as previsións que manexa a Xunta, as obras realizaranse no verán es estarán listas para o inicio do curso escolar. Os traballos teñen un prazo de execución de 2,5 meses.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



