Cervo, 5 de maio de 2020. O BNG de Cervo, por medio dos seus portavoces municipais
ández e Xorxe Caldeiro, cualificaron de moi mala noticia a decisión da Multinacional Alcoa de abandonar o mantemento de cubas electrolíticas, segundo afirmaron, pola baixada do prezo do aluminio a consecuencia da pandemia do Covid19, unha decisión que xa afecta a 43 traballadores en ERTE de empresas auxiliares encargadas do seu mantemento, mais que ameaza con incrementarse e ampliar os seus efectos nas empresas auxiliares e mesmo ao cadro de persoal da propia Alcoa. A formación nacionalista “demanda solucións que eviten unha escalada de ERTES e perdas de postos de traballo”. Asimesmo “cualificou de indecencia política a resposta da Xunta aos traballadores” ao optar por desentenderse do problema mentres fai escasos meses reclamaba responsabilidades a outros que hoxe non asume. Na mesma liña denunciaron “o clamoroso silencio do alcalde de Cervo, Alfonso Villares”, que participou activamente nunha campaña demandando futuro para a factoría sancibrense e hoxe cala cando a multinacional adopta decisións que xa afectan a 43 traballadores e augura un futuro incerto a moitos e moitas máis pola decisión da multinacional de reducir os investimentos na planta ubicada nos concellos de Xove e Cervo.
Alcoa tomou decisións gravísimas con consecuencias impredecíbeis.
Diego Fernández, portavoz municipal nacionalista, e ademais traballador e delegado sindical dunha das empresas afectadas, explicou que “nun contexto tan grave como o actual, co Covid19 levándose por diante vidas humanas, cun futuro económico incerto, despois de meses de mobilizacións defendendo a estabilidade industrial e o emprego na comarca, e por ende os intereses de Alcoa e as empresas auxiliares, é desolador ver como o pago da multinacional a tanto esforzo consiste en pechar cubas e o grifo do investimento para manter en pe a factoría que tan bos resultados económicos lle deu e lle segue dando”.
A actitude da Xunta de Galiza de lavarse as mans é indecente, falsa e irreal
Diego Fernández e Xorxe Caldeiro fixeron un chamamento ás administracións para exercer a presión e facer as xestións necesarias que eviten o abandono e o peche anticipado da factoría, asímesmo chamaron a construír alternativas económicas e laborais no caso de que se manteñan as decisións que poñan en perigo máis postos de traballo na comarca. Neste sentido, afirmaron que a resposta da Xunta de Galiza ao Comité de Alcoa eludindo responsabilidades para volver a pedirllas ao goberno do Estado pola cuestión enerxética, e amais de indecente, falsa é irreal xa que o problema é de mercado, non enerxético, como argumentou a propia multinacional.
Alfonso Villares mantense nun clamoroso e miserábel silencio
Os portavoces nacionalistas cervenses igualmente chamaron a atención sobre “o clamoroso silencio do alcalde de Cervo, durante meses volcado nunha campaña na que non escatimou medios, mesmo públicos, para converterse no salvador da industria alumineira, e hoxe ante unha decisión tan negativa e con efectos tan inmediatos sobre traballadores con nomes e apelidos cala de xeito vergoñento e miserábel. Diego Fernández e Xorxe Caldeiro agardan que o alcalde rectifique e asuma que a problemática que se abre hoxe, amais de afectar xa a tres empresas auxiliares e 43 traballadores en ERTE, pode converterse a medio prazo de mantérense as decisións da multinacional, nun problema moito máis grave.
O BNG Cervense rexistrou no concello a moción promovida pola Plataforma de empresas auxiliares para a que solicita o apoio da Corporación.
Diego Fernández e Xorxe Caldeiro rexistraron no concello a solicitude de apoio da “Plataforma Coordinadora de Traballadores de Auxiliares” de Alcoa solicitando a súa inclusión na orde do dia do próximo pleno da Corporación, para a que piden apoio unánime.
Independentemente da grave situación pola que pasamos no ámbito sanitario, dende o BNG consideramos que non é de recibo a parálise institucional da Corporación, o alcalde non informa, non se puxo en contacto coa oposición no último mes e medio, situouse nunha actitude escapista que nos impide exercer o noso labor de control, denunciou Diego Fernández. O nacionalista agarda que o alcalde cambie esta actitude e acepte a celebración dunha Xunta de Portavoces que leve a celebración dun pleno onde se trate o novo e grave problema que se presenta en Alcoa e empresas auxiliares así como outros temas pendentes.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



