O Valadouro, a 5 de Maio de 2020. Debido á ausencia dunha internet de calidade nas parroquias rurais do municipio, e visto que a crise sanitaria pode ir prolongándose e dificultando o ritmo da vida normal, consideramos que tanto estudantes universitarios como do ensino medio, formación profesional e mesmo primaria, deben poder ter acceso de maneira imprescindible a unha rede wifi que lles facilite a continuidade dos seus traballos académicos e tamén unha educación de calidade, para que deste xeito, non teñan ningún problema á hora de facer probas ON-LINE (oficiais) no vindeiro mes de Xuño, tal e como se ten previsto levar a cabo en varias universidades do pais, ou mesmo axudarse de internet para resolver dúbidas e consultar temarios das tarefas de repaso, actividades que lles están sendo asignadas desde diversos centros educativos.
Consideramos que desde o noso municipio deberíamos ofrecer unha cobertura telemática digna do século XXI.
EXPOSTO ISTO PROPOÑEMOS O SEGUINTE ACORDO:
-Que o Concello de O Valadouro facilite os locais dispoñibles na Casa da Cultura e os medios necesarios a quen non dispoña deles. Do mesmo xeito, facilitárllelos a todos/as aqueles/as estudantes que o soliciten previamente, tanto para realizar exames ON LINE como para efectuar consultas, exixindo sempre de xeito rigoroso o cumprimento da normativa de distancias de seguridade, pero ao mesmo tempo, proporcionando aos estudantes que o precisasen os medios de protección necesarios.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



