Viveiro, 15 de maio, 2020. O pasado 6 de abril, o Goberno Municipal do PSOE optou por seguir unha das indicacións do Goberno Estatal nas que recomendaba, deixando en mans dos concellos, a posibilidade de precintar as fontes de auga públicas por seren un posíbel foco de contaxio, máis en concreto polas súas superficies que poidan estar en contacto tales como as billas.
Desde o BNG de Viveiro cremos que esta medida de precintar as fontes públicas foi unha medida pouco estudada polo Goberno de María Loureiro, sen nen sequera diferenciar entre as fontes que necesitan de contacto para o suministro de auga, ben sexa billa ou pulsador, das que teñen un paso continuo de auga que polo tanto, non precisan de contacto para suministrar a auga sendo inexistente o risco de contaxio cunhas medidas mínimas. Por desgraza, isto non só se traduce nunha molestia para a veciñanza senón que tamén empeora a situación fronte o coronavirus, obrigando á xente a acudir aos supermercados a por un elemento básico como é a auga, onde están expostos nunha moita maior medida a um posíbel contaxio en todas as súas superficies, por non falar do incremento nas concentracións de xente.
Ao BNG chegaron múltiples testimonios dxs veciñxs na liña do detallado anteriormente, quen nos preguntan reitaradamente cando se procederá á reapertura das mesmas. É por iso, que acabamos de rexistrar un documento solicitando información a respecto das medidas previstas polo goberno en relación coa reapertura das fontes, do que agardamos ter resposta directa, e non a través da prensa, na maior brevidade.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



