Ribadeo, 25 de maio de 2020. O Concello de Ribadeo afronta a fase 2 da desescalada con novidades no seu funcionamento. Comeza a prestar atención presencial, pero con cita previa. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que o teléfono e a administración electrónica seguen a ser os medios preferentes, pero cando isto non sexa posible e os veciños e veciñas teñan que achegarse ao Concello deberán facelo solicitando cita previa. Cando a veciñanza acuda ao Pazo de Ibáñez deberá facelo cumprindo con todas as medidas de seguridade e protección.
O rexedor explicou que “xa nesta nova fase 2, entre outras cousas, desde o Concello de Ribadeo queremos facilitarlle a vida e a relación aos cidadáns que teñen que vir facer trámites ao Concello. O teléfono e a administración electrónica seguen sendo os medios preferentes para contactar con nós para resolver os problemas ou para consultar as dúbidas que poidan ter. Cando isto non sexa posible así e haxa que ter unha atención directa e personalizada, pregámoslle á cidadanía que pida cita previa, chamando por teléfono e daráselles un día e unha hora para que veñan”.
Suárez Barcia dixo: “pregaremos que toda esa xente teña puntualidade para que non poida haber demoras e as consultas poidan ser o máis dilixentes posibles, e ao mesmo tempo pregarémoslles que todo o mundo adopte as medidas de seguridade de distanciamento físico, que veña con máscara, etc…, e se no teñen medios, se non teñen esa capacidade, aquí lles ofreceremos estes sistemas de protección, ben sexa con máscara, con hidroxel, etc…”.
O alcalde de Ribadeo lembrou que “seguen as recomendacións médicas e sanitarias ás que todos nos temos que ir adaptando nesta nova normalidade un tanto difícil, pero temos que encarar todo isto con positivismo e mirando para adiante, pensando que o máis duro foi quedando atrás”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



