Viveiro, 12 de maio de 2020. O Concello de Viveiro pon en marcha un ano máis o servizo para o control da poboación urbana da gaivota patiamarela, que se prestará en todo o municipio. Cómpre lembrar neste sentido que Viveiro foi pioneiro na provincia de Lugo na prestación deste servizo.
O obxetivo xeral que persegue o servizo é a mellora na calidade de vida dos cidadáns de Viveiro, levando a cabo unha correcta xestión da poboación destas aves para previr e evitar o crecemento desmesurado da mesma, provocando posibles plagas e problemas de salubridade pública, ó tempo que se asegura o benestar desta especie.
Preténdese conseguir a reducción e desprazamento da poboación de gaivotas que ten colonizado o medio urbano, facendo uso do mesmo para alimentarse e colonizando os tellados para ubicar as súas zonas de cría, o que xera unha serie de problemas á veciñanza, como ruídos, malos olores, desperfectos nos tellados e, incluso, ataques a persoas.
Este servizo vense mantendo no tempo, sendo este o segundo ano consecutivo de servizo. Na campaña anterior realizaronse 307 actuacións, accedendo a 586 tellados, nos que se retiraron 356 niños, 556 ovos e 166 polos.
O plan de actuación consistirá nun estudio poboacional inicial das gaivotas que usan o medio urbano durante a época reproductiva e da súa distribución no casco urbano. Este estudio iniciarase este mes de maio e complementarase durante a campaña de retirada de niños, o que proporcionará unha referencia exacta do problema xerado para o concello de Viveiro.
Este servicio adaptouse á realidade do momento que nos afecta, con motivo do COVID-19 establecéndose un protocolo de seguridade específico, polo que os técnicos que visiten as edificacións afectadas acudirán provistos dos elementos de seguridade necesario, mascarillas, pantallas de protección, luvas, xeles desinfectantes, etc., co fin único de evitar algún tipo de contaxio tanto para os residentes dos edificios como para os propios traballadores.
As visitas comezarán este mes de maio e prolongaránse ata o mes de agosto, realizando un mínimo de días visitas a cada tellado afectado, para impedir o nacemento das postas. Nestas visitas os técnicos realizarán unha revisión ocular do tellado afectado e a retirada dos niños atopados, así como o seu contenido (ovos, polos…); posteriormente, realizarase o mesmo proceso cun mes de diferencia entre visitas.
Ademais dos avisos que se reciban este ano, a empresa contactará con todos os veciños e veciñas que requeriron os seus servizos na pasada campaña. Así mismo, onde detecten niños a pesares de non ter recibido aviso, intentarán contactar cos propietarios co fin de poder actuar neses tellados.
Todos estes servizos contarán coas pertinentes autorizacións da Xunta de Galicia.
Rogamos o máximo de colaboración tanto dos veciños afectados coma dos que detecten algún problema, xa que desta colaboración dependerán en gran medida os resultados do propio servicio, o que favorecerá a mellora da calidad de vida en Viveiro .
Os cidadáns que así o desexen poderán solicitar o servizo a través do seguinte teléfono e enderezo electrónico de contacto:
Larus Control (empresa concesionaria)- 689 838 359.
Correo electrónico: laruscontrol@hotmail.com





















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



