Lugo, 9 de maio de 2020. O proxecto europeo Life in Common Land que impulsa a Deputación de Lugo na Serra do Xistral elaborou un novo material divulgativo para contribuír á sensibilización sobre a biodiversidade desta área natural e protexida da provincia de Lugo. Trátase dun didáctico xogo de cartas, dirixido a todos os públicos, para aprender as principais especies da flora e fauna destes hábitats nos que predominan queirogais húmidos e turbeiras de grande valor ecolóxico para protexer a biodiversidade no noroeste Ibérico.
O xogo tamén ensina as principais ameazas destes hábitats naturais prioritarios como son o abandono de actividades tradicionais, as especies invasoras, os lumes forestais e o cambio climático amosando o fundamental papel que xogan as turbeiras destas montañas para combatelo pola súa gran capacidade de almacenamento do CO2.
As primeiras 500 copias deste xogo de cartas están en fase de impresión e serán distribuídas entre centros de ensino, asociacións de educación ambiental, grupos ecoloxistas e outras entidades. Está xa dispoñible na web (www.lifeincommonland.eu/material-divulgativo) para a súa descarga e consulta. As cartas pódense consultar como unha guía de fichas para aprender sobre a natureza da provincia da Lugo.
No Día de Europa 2020, que se celebra este 9 de maio, as institucións da UE fan un chamamento á solidariedade na superación da crise do coronavirus, unha enfermidade contaxiosa na que a biodiversidade pode xogar un papel fundamental para combatelo.
Aproveitamento económico sostible
A Deputación de Lugo lidera o proxecto europeo Life In Common Land xunto ás universidades de Santiago e A Coruña co fin de demostrar que é compatible a conservación dos hábitats naturais das zonas de especial protección ambiental co aproveitamento do medio rural e o desenvolvemento económico e sostible.
A Serra do Xistral, que conta cunha extensión de 5.000 hectáreas, abrangue os concellos de Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo, ademais das Pontes. Nela desenvólvese un pastoreo extensivo con gando vacún e cabalar salvaxe. Demostrouse que a súa xestión sostible ten un efecto positivo para conservar as matogueiras de brezais e turbeiras da zona.
Este proxecto ofrece solucións ás limitacións do aproveitamento do territorio impostas pola lexislación ambiental, como é a Rede Natura 2000, co fin de garantir a vida no rural e dotalo de oportunidades. As Comunidades de Montes Veciñais en mancomún da Serra do Xistral participan activamente nesta iniciativa planificando actuacións que levarán a cabo neste territorio durante os vindeiros anos. Asesoradas polo equipo de Life In Common Land están aprobando proxectos de ordenación forestal que integran un modelo de xestión sostible que cumpre co obxectivo de manter a actividade gandeira dos comuneiros e lograr que estes ecosistemas se manteñan no mellor estado de conservación. Este pioneiro proxecto inclúe un sistema de recompensas económicas ás comunidades veciñais dacordo aos niveis alcanzados de conservación dos hábitats.
O programa, aprobado pola Unión Europea, está dotado de 2 millóns de euros, dos que a Deputación achega 212.000 euros, a USC, 198.000 euros; 100.000 da UDC, e a Unión Europea 1,4 millóns.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



