Burela, a 9 de maio de 2020. O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela esixe a Alfredo Llano que “explique cales son os motivos reais que o moven a incrementar en 156.000 €/ano o recibo da recollida de lixo e limpeza viaria, porque os argumentos de que a empresa que na actualidade presta o servizo pode abandonalo, ou de que o servizo está en precario, non nos serven, vendo o que acontece cos servicios de axuda no fogar a dependentes e no da limpeza das dependencias de competencia municipal. Llano pretende que o servizo de recollida de lixo e limpeza viaria pase, de adxudicarse, duns 660.000 €/ano a uns 816.000 €/ano, o que supón unha suba de preto do 24%”.
LIMPEZA DE DEPENDENCIAS MUNICIPAIS
O portavoz popular, Manuel Rouco, asegura que “o servizo de limpeza das dependencias municipais (colexios, escolas infantís, locais do Concello), adxudicouse pola Xunta de Goberno Local o 4 de decembro de 2015 por un período de dous anos, rematando o contrato a finais de 2017; co que, aínda figurando dous anos de prórroga, tiña que saír de novo a concurso a principios de 2020. Ao alcalde semella non importarlle este servizo, xa que do novo concurso non se sabe absolutamente nada. O importe deste servizo, que conta cunha ducia de traballadoras, é de 427.000 €/ano.”
SERVICIO DE AXUDA NO FOGAR
Rouco considera “moito máis grave a situación do servicio de axuda no fogar (SAF), na súa modalidade de dependencia. Este contrato, con vixencia de dous anos e sen posibilidade de prórroga, leva vencido dende decembro de 2018. Este servicio foi contratado, logo de terse levado a cabo o correspondente concurso, con data de 2 de decembro de 2016, e ten un importe de 333.000 €/ano. Ao igual que acontece co anterior servizo, este tampouco semella importarlle moito ao alcalde, dado que nada se coñece da nova licitación, pode que debido ao baixo custo que ten, comparado co da recollida de lixo”.
Manuel Rouco considera lamentables as escusas de Llano. Declarou: “Se a empresa da limpeza pode irse e deixar plantado ao concello, tamén o poden facer as que prestan os servizos de SAF e limpeza de dependencias municipais. E vemos como alcalde só está preocupado polo servizo de recollida de lixo, algo que non deixa de chamar a atención”.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



