Ribadeo, a 20 de maio de 2020. O Grupo Municipal do Partido Popular solicita un Pleno Extraordinario, no que se poida debater “unha verdadeira estratexia económica” para a Covid-19. Os populares fan esta petición porque a aparición da crise sanitaria creou un escenario que require da adopción de accións extraordinarias para paliar o impacto económico que esta situación está proxectando.
Precisamente, o Grupo Municipal Popular rexistrou tres documentos con medidas a tomar nesta situación excepcional, considerando que deberían de ser debatidas polos grupos que conforman o Pleno. Ata o de agora non se convocou á Corporación para tal debate. Os documentos aos que se refiren foron rexistrados o 20 de marzo, o 27 de marzo e o 15 de abril, e neles propoñíanse accións socioeconómicas para actuar de maneira inmediata ante as consecuencias derivadas da pandemia e impulsar a actividade económica no termo municipal, outorgando liquidez ás empresas da vila para, contribuíndo a facilitar o cumprimento das súas obrigas empresariais, axudar ao mantemento da actividade e así acadar a debida protección do emprego.
Para levar a cabo esta estratexia, Daniel Vega explica que “precisamos fondos”. “Podemos empregar o Fondo de Cooperación Local (que foi incrementado pola Xunta nun 6,6% neste exercicio), o Plan Único e incluso xerar unha partida de recursos propios para esta finalidade (empregando a devolución de impostos municipais por parte da deputación ou calquera outro orzamento)”, apunta, ao tempo que defende que a concreción da estratexia a seguir debería xurdir dunha comisión público-privada que dera voz aos distintos sectores implicados.
É dicir, esta estratexia debería contemplar as seguintes liñas de actuación:
1 Creación dunha comisión publico-privada que defina a extratexia a seguir.
2 Apoio a autónomos, pemes…a través dun gabinete técnico que asesore dende os puntos de vista financiero, xurídico, administrativo e fiscal en horario de mañá e tarde.
3 Axudas directas para persoas físicas e xurídicas con ou sen traballadores ao seu cargo cando a actividade que desenvolvan se tivese visto afectada polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo que modificou o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo ou non sendo este o caso, que a actividade desenvolvida pola empresa sufra unha redución da súa facturación no mes anterior á solicitude desta subvención de polo menos o 50%, en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os 6 meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
4 Axudas directas a aquelas persoas físicas, traballadores por conta allea que experimentaran unha merma nos seus ingresos a consecuencia de ser incluídos nun expediente de regulación temporal de emprego, ou tiveran a necesidade de solicitar excedencia ou redución de xornada para a atención de fillos menores de 12 anos aos que lles tivera afectado o peche dos centros educativos con motivo da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.
5 Adopción de acordos para o futuro:
Apoio e promoción do tecido empresarial de Ribadeo, coa creación dun portal web. Neste portal deben estar integrados o sector primario do concello e o comercio local respaldados por una rede loxística de reparto, así coma o sector servizos (hostelería, restauración, hospedería, ocio…).
Apoio ao emprendemento e a instalación de novas empresas cunha simplificación dos trámites, un forte asesoramento e medidas fiscais que favorezan a creación de novo tecido empresarial.
Reclamación ao Goberno central o IVE adeudado ao concello.
Esixencia a SEPES da redución do coste das parcelas do polígono industrial para favorecer a implantación de empresas.
Apoio á organización de actividades culturais, deportivas e lúdicas ao longo de todo o ano cunha planificación que, ao mesmo tempo que congrega aos ribadenses, atraia visitantes, desestacionalizando o turismo.




















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



