Lugo, 14 de maio de 2020. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero demandoulle hoxe ao Delegado da Xunta na provincia de Lugo que aclare a todos os lucenses, que cuantia dos 27 millóns que anunciou para toda Galicia para impulso do turismo, corresponden á provincia de Lugo. E que impacto real deste orzamento cree que pode repercutir neste sector, vital na nosa provincia.
Otero fixo esta afirmación tras a presentación do Plan para a reactivación do turismo da Xunta, que segundo anunciaron conta cunha dotación económica de 26,8 millóns de euros. Concretamente son 10,2 millóns para cultura, 11 millóns para turismo e outros 5,6 millóns de euros para o Xacobeo. Dixo que “a videoconferencia que mantiveron Balseiro e Nava Castro na presentación deste acto, parecía un acto de precampaña electoral. O PP esta máis preocupado pola convocatoria de eleccións que polo sector turístico”, dixo.
Así as cousas a dirixente socialista quere saber “si o Delegado da Xunta en Lugo ten datos reais de cal é a situación do sector turístico, así como do futuro inmediato deste sector?. A nós chámanos á atención que Balseiro fixese esta presentación de forma simultánea, mentres o Conselleiro de Cultura e Turismo estaba comparecendo neses intres na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia. Ten intención de ser conselleiro e por iso fixo esta actuación? Ou é a eterna directora xeral Nava Castro a que quere selo?”, preguntou.
A secretaria provincial denuncia que o plan presentado “está cheo de medidas inconcretas, e non dá resposta ao sector turístico que representa máis do 10% do PIB de Galicia ( un 10,4% segundo o propio plan). Ademais, tampouco presenta ningunha iniciativa sobre as demandas que presentou o propio sector, e non inclúe axudas directas ao sector turístico, senón propostas xeneralistas carentes dunha orientación clara”.
Cultura
No que atinxe ao mundo da Cultura constatamos a nula importancia que concede o PP a este sector. “Como é posible que ignore que o propio plan contempla 10,2 millóns de euros, o que significa o 38% para ese sector. Que mensaxe manda esa actuación?. É porque sabe que o sector cultural rexeita maioritariamente o plan, e ademais sempre criticou, incluso antes da crise, a política cultural impulsada polo PP?.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



