Lugo, 26 de maio de 2020. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero e o Viceportavoz do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, Luís Álvarez mantiveron un encontro cunha plataforma de autónomos e pemes da provincia de Lugo, na que avanzaron as propostas do Goberno de Pedro Sánchez para este colectivo, e no que tamen coñeceron as súas peticións.
A Secretaria Provincial explicou que o Goberno do PSOE é sensible ás súas demandas. “Somos conscientes da importancia dos autónomos e das pequenas empresas na nosa economía, xa que son colectivos imprescindibles para sacar adiante este pais e poñer en marcha o noso tecido productivo. Sempre deron a cara, e nós vamos a seguir impulsando propostas e axudas para que poidan saír adiante. O PP abandonou a estes traballadores, nós vamos a seguir protexendo e estes afectados e os seus empregos”, insistiu.
A dirixente socialista aludiu tamén as demandas prantexadas por este colectivo como por exemplo; a exención do IBI, dos recibos de auga, lixo ou das terrazas, entre outras. Nesa liña argumentou que moitos concellos da provincia, presididos por Gobernos Socialistas, xa adoptaron estas medidas, e polo tanto, serán sensibles as súas estas demandas.
Otero lembrou que máis de 7.000 empresas galegas reciben 1.795 millóns de euros de financiamento garantido da Liña de Avais do Instituto de Crédito Oficial (ICO) aprobada polo Goberno. Nesa liña remarcou outras medidas pensadas para o tecido empresarial, como as prestacións por cese de actividade das persoas que traballan por conta propia e outras axudas por baixada de ingresos.
Segundo os últimos datos sobre a moratoria en cotizacións, actualmente hai máis de 3.000 solicitudes en Galicia, das cales 300 son de Lugo. E para garantir a viabilidade económica do tecido empresarial, o Goberno do PSOE tamén puxo en marcha os ERTE vinculados ao COVID-19, que se consideran de forza maior. A 5 de maio realizouse o segundo pago destes pagos a 272.749 persoas que percibiron 238 millóns de euros do Estado (24 millóns son da provincia de Lugo), mentres teñen suspendida a súa relación laboral, aínda que coa garantía de que a recuperarán unha vez finalice a actual situación.
Tal e como se publicou nos datos oficiais xa e realizaron o pago de 238.395.596 euros a 272.749 persoas afectadas por ERTE na nosa Comunidade. O importe total da nómina das 42.256 solicitudes colectivas de ERTE na Comunidade é de 238.305.596 euros, dos cales 23,7 millóns corresponden á provincia de Lugo.
A secretaria provincial subliña que “68.576 autónomas e autónomos de Galicia perciben a prestación extraordinaria por cese de actividade. A medida implica tamén a exoneración de cotas á Seguridade Social de forma temporal. Ademais, os beneficiarios percibirán esta axuda ata o último día do mes que finalice o estado de alarma”.
Medidas aprobadas hoxe
Por último Otero explicou que este mesmo martes “o Consello de Ministros aprobou un Real Decreto-lei que inclúe varias medidas tributarias que buscan, entre outros aspectos, mitigar o impacto da pandemia no tecido produtivo español dotando de liquidez a pemes e autónomos. Concretamente, o decreto aumenta de tres a catro meses o período sen intereses nos adiamentos que pemes e autónomos poden solicitar do pago das súas obrigacións tributarias. En total, o adiamento podería alcanzar os seis meses, o que implica que máis da metade do período de adiamento non soportaría ningunha esixencia de intereses para eses contribuintes”, sinalou.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



